domingo, 30 de diciembre de 2012

DECEMBRO: TAPÓNS SOLIDARIOS

Desde hai bastante tempo, o noso centro contribúe recollendo tapóns de plástico que, despois, son utilizados con fins benéficos. O pasado mes de decembro, decidimos dar maios difusión á idea, co obxectivo de conseguir unha participación maior. Iso pasou por unha ubicación máis destacada do punto de recollida. Agora só queda que nos axudes a recoller montóns deles! 

sábado, 29 de diciembre de 2012

DECEMBRO: O MES DO NADAL

A paisaxe de nadal inundou a nosa escola. Fíxoo no que a decoración se refire, pero tamén no que a celebración... A participación foi total, e os resultados, moi satisfactorios. Velaquí un anaquiño de todo o feito:

Decoración de Nadal

Desexándonos o mellor para as festas e o próximo ano

Festival de Nadal

DECEMBRO: A PAISAXE FLUVIAL E O TERCEIRO CICLO

Para rematar os estudos da paisaxe fluvial, os alumnos de terceiro ciclo viaxaron a Lugo para visitar o Centro de Interpretación do Río Miño.
Completaron a visita coñecendo a sede do diario El Progreso.
Mira aquí toda a información.

viernes, 28 de diciembre de 2012

DECEMBRO: PARTICIPACIÓN NA AULA TIC

A aula TIC configúrase como un espazo compartido onde profes e alumnos estamos implicados. Este ano dáselle un novo pulo: a busca dunha mascota, sesións de difusión, celebración de eventos... todo iso nun ambiente participativo no que o alumnado é o protagonista: ben na organización das actividades, ben na participación democrática de elección e aceptación de decisións maioritarias.
Podes ver toda a información no blogue da aula TIC, específicamente nestes enlaces:


Sesións de difusión de actividades do colexio: Contamos a todos os alumnos o que algúns grupos fixeron.

lunes, 12 de noviembre de 2012

NOVEMBRO: CELEBRAMOS A TRADICIÓN DO MAGOSTO

Desde os día 30 de outubro ata o día 12 de novembro, o noso colexio está a celebrar o Magosto e o Samaín.
As actividades que se celebran para esta liña de traballo son:

LIBRO ABERTO "O NOSO MAGOSTO"

Trátase dunha iniciativa creativa na que toda a Comunidade Educativa ten a opción de participar, contando o seu propio Magosto, a súa propia visión do Samaín. Esta é a versión dixital:

DECORACIÓN DE SAMAÍN

A entrada do colexio convértese nun portal ao mundo máxico do Samaín. Alí están as mostras de todas as nosas actividades en relación con este tema.


EXPOSICIÓN DE CABAZAS


O alumnado que desexe, participa na Exposición de Cabazas decoradas para esta data. Todos reciben un Diploma de Participación.



CHARLA DIDÁCTICA

A cargo dun pai da nosa comunidade educativa, Salvador (pai de Laura) os alumnos asistiron a unha charla que deu conta das diferencias acaecidas na celebración do magosto, así como do uso das castañas na zona ao longo das últimas xeracións e, como non?, das vindeiras. Podes ver máis sobre o contido da charla no Blogue Unha Escola nos Ancares.


XOGOS POPULARES

Coa colaboración da Xunta de Galicia, contamos cunha colección de xogos tradicionais galegos así como de paneis explicativos dos mesmos. A exposición e disfrute dos mesmos estará organizada desde EF para todos os nenos e será de sesión libre no día do magosto.

DEGUSTACIÓN DAS CASTAÑAS: O MAGOSTO

Pola tarde, cun sol marabilloso, degustamos as castañas asadas no patio:

domingo, 4 de noviembre de 2012

11/2012: INICIAMOS O PLAN PROXECTA

No curso 2012/13, coa intención de mellorar o noso labor docente, o CEIP San Xoán de Becerreá inicia a súa andaina na nova iniciativa educativa Plan Proxecta, da Xunta de Galicia, na que se implican diferentes institucións.
Neste blogue, terás a ocasión de coñecer canto fagamos nesta nova etapa, neste novo camiñar.

Este é o noso proxecto: