lunes, 12 de noviembre de 2012

NOVEMBRO: CELEBRAMOS A TRADICIÓN DO MAGOSTO

Desde os día 30 de outubro ata o día 12 de novembro, o noso colexio está a celebrar o Magosto e o Samaín.
As actividades que se celebran para esta liña de traballo son:

LIBRO ABERTO "O NOSO MAGOSTO"

Trátase dunha iniciativa creativa na que toda a Comunidade Educativa ten a opción de participar, contando o seu propio Magosto, a súa propia visión do Samaín. Esta é a versión dixital:

DECORACIÓN DE SAMAÍN

A entrada do colexio convértese nun portal ao mundo máxico do Samaín. Alí están as mostras de todas as nosas actividades en relación con este tema.


EXPOSICIÓN DE CABAZAS


O alumnado que desexe, participa na Exposición de Cabazas decoradas para esta data. Todos reciben un Diploma de Participación.



CHARLA DIDÁCTICA

A cargo dun pai da nosa comunidade educativa, Salvador (pai de Laura) os alumnos asistiron a unha charla que deu conta das diferencias acaecidas na celebración do magosto, así como do uso das castañas na zona ao longo das últimas xeracións e, como non?, das vindeiras. Podes ver máis sobre o contido da charla no Blogue Unha Escola nos Ancares.


XOGOS POPULARES

Coa colaboración da Xunta de Galicia, contamos cunha colección de xogos tradicionais galegos así como de paneis explicativos dos mesmos. A exposición e disfrute dos mesmos estará organizada desde EF para todos os nenos e será de sesión libre no día do magosto.

DEGUSTACIÓN DAS CASTAÑAS: O MAGOSTO

Pola tarde, cun sol marabilloso, degustamos as castañas asadas no patio:

domingo, 4 de noviembre de 2012

11/2012: INICIAMOS O PLAN PROXECTA

No curso 2012/13, coa intención de mellorar o noso labor docente, o CEIP San Xoán de Becerreá inicia a súa andaina na nova iniciativa educativa Plan Proxecta, da Xunta de Galicia, na que se implican diferentes institucións.
Neste blogue, terás a ocasión de coñecer canto fagamos nesta nova etapa, neste novo camiñar.

Este é o noso proxecto: