jueves, 26 de diciembre de 2013

DECEMBRO: O noso traballo na páxina da CMATI



A visita de Manuel Salgado, no pasado mes de novembro deixou estas reflexións na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

miércoles, 18 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Celebración do Nadal

Este ano a celebración de Nadal vén chea de actividades lúdicas e ilusionantes, como corresponde ás datas nas que estamos.

Este ano, o colexio vestiuse de branco e palabras que expresan sentimentos propios do Nadal. Mira a nosa decoración navideña...


Botade un ollo ao que estamos facendo:

Buzón de Postais de Nadal. Como remate á recollida de felicitacións de nadal, Tamara, Pablo e Johana foron os encargados de facer o reparto polas clases. Todos os nenos recibiron as postais que os outros compañeiros quixeron deixarlles e, por suposto, tamén os profesores recibiron mostras de cariño por parte de nenos e maiores. Un pracer para finalizar o curso!!




Carteiro Real. O xoves, case cun pé nas vacacións, o carteiro veu recoller todas as cartas que o noso alumnado escribiu aos Reis Magos. Alí, no seu trono, entregou caramelos aos nenos mentres recollía os seus desexos... Cantos profes terán entregado tamén as súas cartas? Cumprirán os nosos soños os Reis Magos? Teremos sido bos e traballadores?
Uf! Cantas preguntas!


Ver aquí todas as fotos feitas co Carteiro Real.

Mira o vídeo de toda a entrega



Mercado Solidario: Sempre é bo ser solidario, pero no nadal, é obrigatorio. Por iso, pretendemos recoller fondos para facilitar a participación nas actividades extraescolares e complementarias a todos os nosos nenos. Así que levamos mans á obra desde o outono: mermelada, xabón, cestos... saíron dos nosos obradoiros... E tamén artigos artesáns feitos por algunhas familias colaboradoras.
Ven comprar o día 20, cando asistas ao Festival de Nadal. Queres encargarnos algo?




Festival de Nadal: O venres día 20 o alumnado do colexio, axudado polos seus profesores deleitará ás familias coas súas actuacións navideñas. Non podedes perdelo. Pero, para quen non poida asistir... Tranquilos, aquí van os videos:


DECEMBRO: A semana da Constitución e o Estatuto de Galicia

O pasado 18 de decembro, no noso cole, fíxose a actividade de clausura da Semana do Estatuto de Galicia e Constitución Española.
A actividade consistiu nunha sesión de formación entre iguais na que o alumnado de 6º (Educación para a cidadanía) explicou a materia de estudo aos compañeiros de 5º e 4º.
A sesión desenvolveuse durante unha hora na que houbo unha presentación en powerpoint, explicada polo alumnado e unha rolda de preguntas.

Este é o cartel que anunciaba a sesión.

Este é un vídeo coas imaxes da sesión.

Constitución e Estatuto

lunes, 16 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Convocatoria de xuntanza para as familias

O noso centro ten previsto celebrar unha xuntanza en xaneiro para as familias do terceiro ciclo en especial, estando a convocatoria aberta a todas as etapas educativas.
O motivo desta xuntanza é explicar a nosa participación en programas de innovación educativa a nivel autónomo, nacional e europeo.

Proxecto ComBas
Plan Proxecta: Máis e mellor Educación Física e Sustentabilidade e Paisaxe.
Proxecto eTwinning.

Consideramos importante difundir as iniciativas innovadoras que estamos a desenvolver, así como os soportes pedagóxicos que as xustifican.

Aorde do día para esa xuntanza é a que segue:

  • -         Explicación dos proxectos nos que nos implicamos o pasado curso: as valoracións resultantes (modificacións nas tarefas da escola e premios obtidos)
  • -          Explicación das liñas de traballo para este curso: COMBAS, PROXECTA, eTwinning, Plan de Biblioteca.
  • -          Presentación dos blogues da escola e das diferentes formas de participación das familias.
  • -          Rogos e preguntas.


Este é o cartel cos contidos da xuntanza:

combasdef title=
easel.ly

DECEMBRO: Quen cumpre anos?

Por primeira vez na escola, este ano decidimos festexar os aniversarios dos compoñentes da nosa comunidade educativa. Por iso, nacen os "cumpreanos trimestrais", coa colaboración do noso ENDL, un día de menú especial no comedor e unha pequena sorpresa para os homenaxeados.

O evento celebrouse o día 16 de decembro e moitos foron os nenos e adultos que puideron disfrutar do seu cumpre entre amigos. 

O menú especial foi de ensalada e pizza, cunha sobremesa moi inusual no colexio, unha tarta de crema e chocolate, feita polos alumnos de terceiro ciclo para todos nós.

O colexio, como nota festiva, decidiu regalar unha fotomontaxe para cada un dos homenaxeados. Estas fotos estarán colocadas no comedor durante toda a semana e serán entregadas o próximo día 19.

Mira aquí algún momento do día.
Este é o vídeo con todas as fotomontaxes:

domingo, 15 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Proxecto eTwinning

Para os próximos meses, o alumnado da Aula de PT participará nun novo proxecto eTwinning que completará o traballo programado para o Plan Proxecta do centro, en especial, para o desenvolvemento do programa Sustentabilidade e Paisaxe, ao que pertencemos.

Este proxecto, que leva como título "A historia da miña casa" servirá para o coñecemento da poboación, a paisaxe e as características que nos definen como territorio, tomando como tópico de traballo a propia casa. Nel, o noso alumnado compartirá traballo, materiais e aprendizaxes con outras escolas europeas, traballando en galego, portugués e castelán, polo que contará coa colaboración do noso ENDL.


DECEMBRO: DECORACIÓN DE NADAL

Co mes de decembro chega o Nadal... O noso colexio énchese de branco, a xogo coas xeadas que nos acompañaron estes días. As árbores feitas para esta decoración inclúen palabras que expresan sentimentos en todos os idiomas da nosa comunidade educativa: galego, castelán, portugués, inglés, búlgaro, francés... Formando parte do programa do noso ENDL.


Disfruta connosco da decoración elaborada para este ano:



jueves, 12 de diciembre de 2013

DECEMBRO: A Semana do Estatuto de Galicia e a Constitución

Este curso, o alumnado de 6º está a traballar, na materia de Cidadanía, o Estatuto de Galicia e a Constitución. Do seu estudo, participaremos todos nunha sesión de formación entre iguais que se celebrará na semana do 16 ao 20 de decembro, en colaboración co ENDL.

Accede a materiais de traballo neste enlace.

Accede á sesión de formación entre iguais neste enlace.

domingo, 8 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Postais de Nadal

Unha das actividades promovidas desde o ENDL para este Nadal, volve a ser a colocación dun Buzón para recoller todas as postais que os alumnos desexen enviar a outras persoas do cole.

Este buzón está colocado na entrada desde o día 9 ao 16 de decembro, e as postais serán entregadas o próximo día 18.

Esperamos que todos reciban tan bos desexos como merezan!

DECEMBRO: O noso cole colabora nunha campaña de recollida de alimentos

Todos os meses do ano son adecuados para a solidadariedade, pero decembro engade un factor máis: O Nadal é tempo de compartir.

Por iso, o noso colexio está a recoller alimentos durante todo este mes. Podes enviar a túa axuda, nós faremos que, para alén de participar e ser solidarios, desenvolvamos unha vertente educativa, en valores, para todos os que vivimos na escola.

lunes, 2 de diciembre de 2013

NOVEMBRO: Finalizando a actividade do xabón

O día 2 de decembro é un bo día para envolver o xabón que fixemos... Ten que estar preparado para o día do Festival de Nadal, en que o venderemos.

Este é o resultado do traballo de hoxe.

NOVEMBRO: Marcapáxinas da nosa escola


O alumnado de 5º, no marco do Plan Máis e Mellor Educación Física, fixo unha saída ao contorno, en outubro, coa finalidade de estudar as árbores que nos arrodean.

Na saída, fíxose unha recollida selectiva de follas que, posteriormente, foron estudadas na aula e sometidas a un proceso de secado para o seu procesado noutras actividades do curso.
Unha destas actividades, a proposta do ENDL, foi a elaboración de marcapáxinas para regalar ás  visitas que teñamos na escola, como un selo de identidade.
Aproveitamos o momento e comezamos a difundir a obra do Poeta Díaz Castro, homenaxeado na próxima edición do Día das Letras Galegas, por iso, a traseira dos nosos marcapáxinas levan unha fermosa cita del:

"A beleza feriume para sempre"

Estas son imaxes do día:

jueves, 28 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Un novo blogue na escola

A partir deste mes, temos un novo blogue para contarvos o que facemos. Nesta ocasión, trátase do que recollerá os traballos feitos no ámbito do programa "Máis e mellor educación física", enmarcado no noso Plan Proxecta.

Podedes acceder neste enlace ou no que xa existirá, durante todo o curso, á dereita, entre todos os blogues da nosa escola.


lunes, 25 de noviembre de 2013

NOVEMBRO:As Reservas da Biosfera

O día 25 de novembro atracou no noso patio un barco moi especial, o Muralla de Lugo, que está destinado a amosar a todos os centros educativos as diferentes Reservas da Biosfera da provincia de Lugo.

Nós estamos nunha das seis reservas galegas, das que tres son lucenses, a dos Ancares - Courel

O Barco Muralla de Lugo viaxou ata nós para contarnos como son as comunicacións dentro dun barco, os aparellos que se utilizan, o xeito en que se pode pescar algún dos nosos bens marítimos... Para finalizar vimos o vídeo da nosa reserva, entanto o encargado de nos presentar o proxecto facía os comentarios oportunos para que reparásemos nos detalles máis importantes. Foi apasionante ver a nosa paisaxe con outros ollos, os dos que aprendemos a dar un valor novo ao noso contorno.


Reservas da biosfera

A nova no xornal:

(Diario El Progreso, 26/11/2013)


viernes, 22 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Nas Xornadas COMBAS de Galicia

O día 21 de novembro o noso centro tivo a ocasión de relatar aos asistentes ás Xornadas COMBAS de Galicia o proceso de formación que levou a cabo na primeira fase deste proxecto.
A base en que nos centramos foi na sorpresa que a combinación do COMBAS co Plan Proxecta brindou como caldo de cultivo perfecto para a programación de actividades nas novas tendencias educativas que imperan en toda Europa.
A asistencia a este acto era a confirmación do noso compromiso con estes dous programas, de feito, para o curso que acabamos de comezar, unha maioría do profesorado continuará coa segunda fase de COMBAS, ampliado cun Proxecto de Formación en Centros que ten, tamén, a finalidade de instaurar as competencias básicas no noso ensino, acolléndonos á lexislación actual e ás tendencias educativas europeas.


NOVEMBRO: De visita á casa de Manuel María

O día 19 de novembro, no desenvolvemento da actividade "O son da nosa fala", na que participamos, os alumnos do terceiro ciclo do colexio visitaron a Casa Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei. Puideron coñecer onde naceu e viviu o autor galego, vendo imaxes, biblioteca e a propia casa.

Máis tarde, participaron nun Obradoiro de estampado de camisetas, no que cada neno puido estampar a imaxe de Manuel María e algún dos seus versos.

Xa pola tarde, gravaron na sede de Radio Lugo (Cadena Ser) poemas deste autor, algún incluso con forma de rap, que serán emitidos nos próximos meses.

Ata o cole chegaron, aparte das imaxes que compartimos aquí, uns libros para a nosa Biblioteca Escolar.





jueves, 14 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Obradoiro de Cestería

Durante o mes de novembro e, enlazado co labor de recolección do outono, os alumnos de 6º organizan un Obradoiro de Cestería, onde eles ensinan aos profesores interesados a facer cestos a partir de follas de xornal reutilizadas.

O obradoiro comezou con 5 clases que se celebraron durante a primeira quincena do mes de novembro, pero, dado o interese xenerado e as variantes de cestos ensinadas, estas serán as datas nas que se amplían as clases deste obradoiro:

Venres 15 - Luns 18 - Venres 22 - Xoves 28

Todas as sesións serán desenvolvidas na sala de usos múltiples, durante os leceres.

Vídeo con imaxes das sesións:
Vídeo explicativo da creación dun cesto:


martes, 5 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: O MAGOSTO

Como anunciaba a decoración de Outono, o Magosto está aí, enchendo os chans de castañas maduras, desexando ser comidas... desexando formar parte de xuntanzas familiares...

No cole, non podemos deixar de celebrar esta tradición da nosa cultura, así que... este é o programa que desde o ENDL se propón para o alumnado e profesorado do San Xoán:



DO LUNS 11 AO XOVES 14: ¿Que é un castiñeiro para ti?
Na entrada do cole haberá un castiñeiro reciclado, elaborado polo alumnado do centro, que terá escrito nas súas follas o que é un castaño para cada un de nós: informacións, sensacións, imaxes... todo é posible nesta nosa visión da árbore máis importante deste momento do ano.

DO LUNS 11 AO XOVES 14Lecturas terroríficas...
Desde o Samaín temos en marcha o concurso de Microrrelatos de Terror, que rematará o próximo día 12... Aproveitando, buscamos na Biblioteca Escolar canto libro de medo había e... aí estarán, á vista de todos, para experimentar o terror na súa forma máis literaria...


LUNS 11: Degustación de castañas e participación no seu asado (mostra simbólica)
Tamén haberá xogos populares para amenizar a tarde.



MARTES 12, (13:20): José Vázquez contará un conto de medo aos alumnos de primeiro e segundo ciclo de primaria... Coidado, nenos, el aínda non abandoou o Samaín... e ... con el... chegará... o terror!
Mirade aquí o vídeo da Historia Terrorífica
Ás 14:00: Escolleranse os mellores "Microrrelatos de Terror" e publicaranse todos nun libro que formará parte da nosa nova Biblioteca Escolar.
Mirade aquí todos os relatos.
Mirade aquí todas as fotos do día

MÉRCORES 13, (11:00): Charla de Pepé, nai de Samu de primeiro: Unha mirada ao futuro: o aproveitamento sostible das castañas.
Esta é a presentación que nos deixou no cole. Moitas grazas, Pepé, aprendimos moito ao teu lado!
Aquí está o vídeo coas imaxes do día:

MÉRCORES 13, (a partir das 12.00): O alumnado de terceiro ciclo elaborará unha tarta de castañas para degustala no comedor escolar.



VENRES 15, (a partir das 13.30): O alumnado de primeiro ciclo fan voar as súas  castañas voadoras feitas nas clases de plástica. (ver o vídeo completo)

Castañas voadoras

NOVEMBRO: DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O próximo día 12 de novembro, celébrase o IV Día da Ciencia en Galego, e a Coordinadora Galega de ENDL convidounos a participar na videoconferencia vía web na que a Doutora en Bioloxía Marilar Aleixandre vai facer para os nenos de 5º e 6º.
Esta videoconferencia leva o título de Benqueridos insectos... e levarase a cabo na aula TIC do colexio o vindeiro martes, 12, de 10.30 a 11.30



lunes, 4 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Concurso de microrrelatos de terror

Como sabedes, desde o ENDL, convocouse un Concurso de Microrrelatos de terror. As bases permitían que calquera alumno do centro participase.

A participación foi moi satisfactoria e os resultados recóllense neste libro virtual e nun libro impreso, que formará parte da nosa nova Biblioteca Escolar.


Para o alumnado de Educación Infantil abrimos a posibilidade de seren filmados os contos, e os resultados son os que seguen...

Os Tres Monstruos de Belén e 



O Dinosauro de Xoel:
  

A Pedra que se converte en... de Cristina

 
Cremos que todos os nenos participantes merecen un premio... algo que será para compartir coa súa clase... e que se publicará o próximo martes día 12.

viernes, 1 de noviembre de 2013

OUTUBRO: Premios para o centro

Durante o pasado curso, o alumnado da aula de PT participou nun proxecto europeo eTwinning que levaba por título "Cautivar con Lecturas: O principiño que vive na biblioteca".
Durante o verán soubemos que fora premiado co Selo de Calidade Nacional, tanto en España como en Portugal (escola socia) por ambos Ministerios de Educación.
O pasado luns soubemos que tamén fora premiado co Selo de Calidade Europeo.

Parabéns para todos.

Acceso ao certificado de Selo de Calidade Nacional
Acceso ao certificado de Selo de Calidade Europeo

Acceso á listaxe de centros educativos premiados co Selo de Calidade Europeo en toda Europa

Nova no Blogue da Embaixada eTwinning en Galicia.

(Ve aquí a nova no blogue da aula PT)

jueves, 31 de octubre de 2013

OUTUBRO: ARTESÁNS DO XABÓN

Os artesáns teñen un lugar importante na economía da zona: carpinteiros, cesteiros, canteiros... fan o seu labor e facilitan á comunidade produtos de calidade, normalmente con materia prima autóctona, que son fundamentais nos fogares.



O día 28 de Outubro, contamos coa presencia de dúas nais da comunidade educativa para contarnos como fan o xabón para o corpo de xeito artesanal.

No pasado, as avoas do alumnado preparaban este xabón para a limpeza da casa. Hoxe, o habitual é mercalo no supermercado.

Porén, artesanalmente, fanse xabóns para o corpo, cabelo, mans... de altísima calidade, que tamén se comercializan en tendas especializadas. Son produtos delicados que están a ocupar un lugar importante nas economías das zonas.

Unidade didáctica para o terceiro ciclo de traballo co xabón. 

Este é o vídeo que recolle a elaboración do xabón




 


Despois, procedimos a cortalo, envolvelo e gardalo para o seu uso posterior...



FINALIZANDO A ACTIVIDADE

OUTUBRO: O Samaín

Tempo curioso, este do Samaín, ligado aos magostos, aos contos de medo, ás cabazas... Nós non podiamos deixar de celebralo. Por iso, na semana do 28 do outubro, comezamos coas actividades do Samaín:


Exposición e concurso de Cabazas decoradas. Todas as familias poden participar entregando unha cabaza decorada ao estilo desta época. (Ver o album de fotos)


 Sacamanteigas por un instante. Todo o alumnado pode participar facéndose unha foto no particular monstro que vixía a entrada estes días. (Ver o álbum de fotos)

Concurso de Microrrelatos do Samaín. Ata o día 8 de novembro, o alumnado pode presentar un microrrelato de terror en calquera idioma. Con todos eles, faremos un e-book que colgaremos na rede, e un libro que se gardará na Biblioteca Escolar. O gañador levará á súa clase un premio divertido, algo que non se compre, pero que se comparta. (Ver o cartel)

Este e o vídeo das Cabazas


OUTUBRO: O Outono

O outono é época importante no rural galego. As recoleccións para o inverno tocan o seu fin nesta estación e todo se dispón para que as reservas sirvan para manter os fogares...

Xa vimos o oficio dos recolectores (Recollendo moras para facermos mermelada).

Preto deles están os cesteiros, que proporcionan os recipientes cos que saír ao monte por cogumelos, moras, noces, castañas... (Obradoiro de cestería)





E o clima inflúe nas actividades propias da estación: ventos que viaxan follas, follas que viaxan ceos, ceos que se cubren de nubes...

A nosa decoración de outono recolle todo o falado, e conta coa participación de profesorado e alumnado na súa realización: follas, ventos, nubes, cestos, mermeladas...


viernes, 27 de septiembre de 2013

SETEMBRO: RECOLECTORES E COCIÑEIROS

Co mes de setembro chega a recolleita de moitos froitos para o aprovisionamento invernal: cereais, froitos, patacas...
Nós fomos protagonistas dunha peculiar e moi doce recolleita:

A recolleita de moras!

Os alumnos de terceiro ciclo asistiron a un obradoiro de elaboración e conserva de mermelada. O traballo tivo as seguintes fases:

1. RECOLLEITA DE MORAS SILVESTRES: A carón do recinto escolar, apañamos moras para elaborar a mermelada.
2. OBRADOIRO DE ELABORACIÓN E CONSERVACIÓN DE MERMELADA DE MORA: Coa inestimable colaboración de Virginia Millán aprendimos todo o proceso para facer mermelada e conservala para todo un ano.



A participación do alumnado:

 
Jéssica e Lucía repásanvos a receita.


3. DECORACIÓN E ETIQUETADO DOS FRASCOS: porque a nosa mermelada ben merece unha presentación adecuada!

4. TRABALLANDO NA CLASE... Aquí podes acceder á unidade didáctica que levamos á clase para o traballo con este tema.



5. QUE FAREMOS CON ELA?

Non vos perdades o próximo capítulo.... 

lunes, 16 de septiembre de 2013

SETEMBRO: AS MALLAS EN BECERREÁ.

Setembro é o mes da Malla, festa tradicional que, en Galicia está relacionada co fin do verán.

Logo de segar os cereais, comeza o seu procesamento para a súa conserva: colmos, palla e gran para o resto do ano...


En colaboración co ENDL, a aula TIC e os titores de terceiro ciclo, o alumnado traballará estes contidos, utilizando as imaxes reais tomadas na malla da Casa de Perucho, en Pedrelada, As Cabanas, o pasado fin de semana.



Se queres recrear unha malla tradicional, podes ver este video que recolle unha no Caurel.



2013/14: NOVO CURSO, NOVOS RETOS

Xa estamos en setembro... as aulas enchéronse de rapaces de novo e na escola comezan tempos de ilusións renovadas...

Queredes saber que pensamos para este ano?

Pois, novamente, queremos achegar a escola á vida diaria, á que está no noso contorno, como noutros cursos, pero con novas forzas e novos intereses, especialmente centrados na nosa tradición, na nosa poboación e nos recursos de que dispoñemos...


Para iso, novamente, participaremos no Plan Proxecta, esta vez cos seguintes programas educativos:

  • 12 meses, 12 paisaxes
  • Axenda 21 Escolar de Galicia
  • Máis e mellor educación física
Estes programas están reflectidos na nosa Programación Xeral Anual e desenvolveranse, especialmente, co alumnado de terceiro ciclo.

Procuraremos a participación de toda a Comunidade Educativa e desexamos aprender vivindo, vivir aprendendo...

domingo, 18 de agosto de 2013

AGOSTO: Gañadores do Selo de Calidade Nacional, polo proexcto europeo eTwinning

O noso centro desenvolveu, durante o curso 2012/13, un proxecto europeo, cunha escola portuguesa, para traballar as competencias básicas co alumnado da aula de PT.

Este proxecto, acaba de recibir o Selo de Calidade Nacional, emitido polo MEC, en España.

Queremos felicitar ao alumnado participante, na nosa escola e na escola socia EBI Francisco Ornêlas de Càmara (Terceira, Azores), que facilitou o noso traballo e a coordinación entre o profesorado participante.


miércoles, 3 de julio de 2013

XUÑO: Gañadores do 2º Premio pola Sostibilidade e a Paisaxe

A nosa participación no Plan Proxecta trouxo consigo a posibilidade de presentar o noso traballo aos premios pola Sostibilidade e a Paisaxe que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convocou.
Os resultados desa convocatoria sitúannos cun segundo premio entre os centros de primaria polo desenvolvemento do noso traballo en relación á poboación na bisbarra.
Os resultados da convocatoria de premios son os seguintes:



ÁREA TEMATICA
CATEGORÍA: EDUCACIÓN PRIMARIA
PREMIO
CENTRO DOCENTE
PROXECTO
PAISAXE
CPI Virxe da Cela
CEIP San Xoán
CEIP Condesa de Fenosa
A nosa paisaxe, a nosa vida.
A paisaxe despoboada, coñecendo a bisbarra.
A paisaxe en Valdeorras.
SOSTIBILIDADE
CPI de Panxón
CEIP de Arzúa
CPI de Viaño Pequeno
Do pedernal á fusión.
Ecovixías no CEIP Arzúa.
A auga no noso entorno.


ÁREA TEMATICA
CATEGORÍA: ESO-BAC-FP
PREMIO
CENTRO DOCENTE
PROXECTO
PAISAXE
Accésit
IES Perdouro
IES Terra de Turonio
IES Carlos Casares
IES de Ponte Caldelas
As paisaxes de Burela.
As Terras de Turonio: 12 meses, 4 estacións.
Recuperación e valorización do noso recuncho forestal.
Cidadanía e paisaxe; un ano no bosque.
SOSTIBILIDADE
Accésit
IES Universidade Laboral
IES Laxeiro
IES As Insuas
A eficiencia enerxética como parámetro de sostibilidade.
O teu contorno, Cóidao e cóidaste.
Aposta por un presente Sostible.
Na percura da sostibilidade

ÁREA TEMATICA
CATEGORÍA: EDUCACIÓN INFANTIL
PREMIO
CENTRO DOCENTE
PROXECTO
PAISAXE E SOSTIBILIDADE
CRA Mestre Manuel Garcés
CRA de Rianxo
CEIP Varela Buxán
Creamos e pintamos.
Aforramos enerxía.
As paisaxes da nosa escola


Os premios consisten en:
 
§  Certificación, pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de premio de innovación educativa para os coordinadores e o profesorado participante nos proxectos.
§  Material para crear na biblioteca unha sección de paisaxe e sostibilidade.
§  Participación na Xuntanza pola sostibilidade e a paisaxe.
§  Sesión de conta contos ( só nos centros de ensinanza infantil) Desfrutaron dunha inolvidable sesión de contacontos con Anxo Moure


XUÑO: Difusión da participación nas IXornadas de Xoves para a Sostibilidade e a Paisaxe

A nosa participación nas I Xornadas de Xoves para a Sostibilidade e a Paisaxe foi difundida polos asistentes: tratábase de compartir a experiencia cos compañeiros, de revivir e avaliar o ocurrido.
Os nenos contaron como tiña sido o día e os sentimentos que lles causou, que foron desde a alegría de coñecer outros alumnos aos nervios de enfrontar o seu traballo, pasando polas xustas comparacións entre os seus desempeños e os que alí se mostraban... a modo de avaliación construtiva.
Sen dúbida, a experiencia foi moi positiva, e, como podedes ver no video, deixou desexos de repetir.

Grazas por darnos esta oportunidade!



jueves, 20 de junio de 2013

XUÑO: Desenvolvemento das I Xornadas de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

O 19 de xuño de 2013 fomos ao Pazo da Cultura para participar nas I Xornadas de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe.

O evento era unha especie de congreso paralelo para profesores e para alumnos, nel, o alumnado estaba reunido segundo fosen de primaria ou secundaria, para expoñer os seus proxectos e debatir sobre eles.

A segunda parte da mañá foi para obradoiros: os nenos de primaria fixeron xogos colaborativos, os de secundaria debates para a asunción de retos para a escola. Entre tanto, os profesores asistimos a debates sobre a situación da educación por proxectos na actualidade dos nosos centros.

Despois da comida, iniciamos o Espazo interactivo, ao que cada centro levou unha mostra do seu traballo, co obxecto de amosalo e de facer algunha actividade coas persoas asistentes. Nós levamos un estudo estatístico sobre a poboación que alí se reunía, para obter un gráfico que nos dese información acerca do lugar onde viviamos. Tamén convidamos aos asistentes a que escribisen unha palabra que reflectise a sensación que as imaxes da nosa Exposición sobre o Despoboamento lles espertaban.

O día foi un maratón... Rematou preto das once da noite... Pero... hoxe, os sorrisos dicían que era unha experiencia para repetir.

Este é o video das imaxes do día


Este é o vídeo de Yolanda e Diego durante o seu relatorio