lunes, 28 de enero de 2013

XANEIRO: Unha sesión de formación entre iguais

 O día 28 de xaneiro os alumnos de terceiro, que levan un tempo a investigar sobre a vida dos dinosaurios farán unha sesión formativa para os alumnos de quinto e sexto. A experiencia  de formación entre iguais levarase a cabo no programa de actividades da aula TIC.







Aquí tes máis información sobre esta nova.

Este é o vídeo do inicio da sesión

XANEIRO: Iniciamos a Semana da Paz

Para iso, cada persoa da comunidade educativa fixo un boneco que o representase, na entrada do cole, coa súa expresión de paz. Con todos eles, enchimos as paredes do vestíbulo, nunha chea de cores, palabras, sentimentos...

Podes velo no seguinte video.







Tamén fixemos un abecedario da paz, que decora a nosa árbore interior:






E varios espazos do centro están cheos de imaxes que nos suxiren unha reflexión sobre a nosa achega a que a convivencia no cole sexa pacífica e pacifista.


martes, 15 de enero de 2013

XANEIRO: CHARLA SOBRE A PAC

O día 15 de xaneiro, os alumnos de terceiro ciclo aprenderon algunha cousa sobre o que é a Política Agraria Común. Para iso, achegouse ao centro un representante de Unións Agrarias que nos deixou estas presentacións:






XANEIRO: BOLETÍNS INFORMATIVOS

Comezamos trimestre coa publicación do primeiro boletín informativo sobre as actividades complementarias e extraescolares do CEIP San Xoán, que recollen, tamén, as liñas de traballo dos plans do Proxecta. 

miércoles, 9 de enero de 2013

FORMACIÓN SEN LÍMITES

A Fundación Repsol, a Fundación ONCE e i Cimité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade teñen en funcionamento un programa chamado "Tu formación no tiene límites, desarrolla tu futuro" para incrementar a presenza de alunado con discapacidade na universidade.
Esta campaña de sensibilización tivo unha importante acollida e a Fundación Repsol, o Ministerio de Educación e as Consellerías poñen a disposición dos centros educativos os recursos desenvolvidos co fin de seren utilizados polos docentes para alumnado con e sen discapacidade.

Podes acceder neste enlace.