lunes, 28 de enero de 2013

XANEIRO: Iniciamos a Semana da Paz

Para iso, cada persoa da comunidade educativa fixo un boneco que o representase, na entrada do cole, coa súa expresión de paz. Con todos eles, enchimos as paredes do vestíbulo, nunha chea de cores, palabras, sentimentos...

Podes velo no seguinte video.







Tamén fixemos un abecedario da paz, que decora a nosa árbore interior:






E varios espazos do centro están cheos de imaxes que nos suxiren unha reflexión sobre a nosa achega a que a convivencia no cole sexa pacífica e pacifista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario