A emisión do programa SALVADOS do pasado día 3 de febreiro foi motivo de comentario e de apertura ao debate na nosa escola. De feito, é por acordo do Claustro que se coloque o programa nos nosos blogues e na nosa web, co obxecto de que estea á disposición de toda a Comunidade Educativa.
O programa contén as reflexións de Jordi Évole sobre o noso sistema educativo, que comparte con persoas responsables do mesmo, en diferentes ámbitos. Tamén existe unha comparación co sistema educativo de maior excelencia na actualidade, o finlandés, deixando constancia da realidade que o fai posible.
Queda, entón, aquí, a nosa achega para difundir e potenciar esta reflexión e o seu conseguinte debate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario