jueves, 30 de mayo de 2013

XUÑO: Día Mundial do Medio Ambiente.

O día 5 de xuño celebraremos o Día Mundial do Medio Ambiente. Como nesas datas o alumnado de 5º e 6º estará de excursión de fin de Primaria, pensamos en preparar, durante esa semana unha serie de actividades para festexar, á súa volta, a Semana do Medio Ambiente, na que teñamos:


- Obradoiros de reciclaxe
- Sesión de formación entre iguais: "O que levamos feito"
- Asemblea de terceiro ciclo: Próximos retos
- Preparación do alumnado para a participación na I Xornada de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

miércoles, 29 de mayo de 2013

XUÑO: Seleccionados para asistir ao I Encontro de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

A nosa participación nos proxectos A21EG e 12M12P, ámbolos dous incluídos no Plan Proxecta, levounos a ser un dos centros que participarán na

I Xornada de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

que se celebrará o próximo día 19 de xuño en Pontevedra.

A ela asistirán uns douscentos alumnos, de 50 a 70 docentes e representantes de 5 comunidades autónomas. O programa da xornada é o que segue:

HORA
SECUNDARIA
PRIMARIA
PROFESORADO
10:00
RECEPCIÓN

10:30
Apertura do encontro
Equipo de Comunicación
11:15
Seminarios temáticos (5)
Presentación de experiencias 1 aria
1 ariaApoio presentacións
2 ariaDebate
12:45
Presentación experiencias 2aria(6 aulas)
Xogo Didáctico
1 ariaDebate
2 ariaApoio presentacións
14:00
ALMORZO
15:00
Espazo interactivo          .                          
15:30- 17:00
Mesa redonda profesorado

Feira de troco
17:30
Representación teatral
18:00
Presentación de Conclusións da Xuntanza

18:45
CLAUSURA

Nós asistiremos con 10 alumnos, que terán que expoñer, diante dos participantes nos seus seminarios temáticos, unha proposta de acción de mellora desde as aulas. Terán, tamén, que presentar o seu traballo no referente aos proxectos A21EG e 12M112P. Un dos alumnos será asignado ao equipo de comunicación, co que colaborará xerando información sobre a xuntanza na web de A21EG e nas redes sociais do programa.

Outra das participacións previstas é a Feira do Troco, na que cada un dos asistentes levará un obxecto para intercambiar.

VER AQUÍ O DESENVOLVEMENTO DESTA XORNADA



viernes, 17 de mayo de 2013

MAIO: Sesión divulgativa do proxecto eTwinning.

Co gallo do Día de Europa, o alumnado da aula de PT, participante no proxecto eTwinning


quere compartir cos seus compañeiros o desenvolvemento de todo o traballo.
Para iso, durante o mes de maio, está aberta a exposición de traballos no corredor que leva á aula. (Ver a nova)


E o día 27 de maio, celebrarase unha sesión de formación entre iguais, na que os alumnos conten como e para que desenvovleron este proxecto educativo cos seus compañeiros portugueses. Para esa sesión contaremos cun final sorpresa!

MAIO: Exposición fotográfica sobre o despoboamento

Xa hai algún tempo convidamos as familias a que nos enviasen as imaxes que reflectisen o despoboamento das súas parroquias. (Ver aquí a nova)

Estamos iniciando a organización da exposición fotográfica, con fins didácticos, que anunciamos. Nesta entrada poderedes ir vendo os resultados.

 

MAIO: Estudo estatístico da poboación escolar




Xa sabemos cantos nenos viven en cada parroquia do noso Concello. Xa sabemos como son os gráficos de barras que representan estes datos. Ese é un traballo que fixeron Lucía e Jéssica na aula PT. 
Podes ver toda a información neste enlace.




Toca agora estudar o que pasou nos últimos anos. É o momento de ver como foi evolucionando a nosa poboación escolar nos últimos dez cursos.

Estes son os datos:

Esta é a táboa realizada:

Estes son os resultados:

Conclusións:

MAIO 2013: PASEO HISTÓRICO

O día 16 de maio, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do colexio viaxou ata Lugo para facer un percorrido histórico moi interesante:
- Os nenos de 3º, 4º e 5º visitaron o MIHL, para coñecer a historia de Lugo desde a súa fundación ata hoxe. Tamén visitaron a Biblioteca Nodal onde lles explicaron o funcionamento da mesma e a posibilidade de se faceren socios.
- Os nenos de 6º visitaron o Museo Provincial de Lugo para ver os restos romanos. Fixeron, tamén, unha visita á recentemente restaurada Catedral.
- Todos os nenos visitaron a Carpa do Neolítico instalada en Lugo para ilustrar as aprendizaxes escolares sobre a Prehistoria.

Podes ver aquí información sobre as visitas:

O MIHL:

UN INTRE NA CAIXA NEGRA, NO MIHL:

A CARPA DO NEOLÍTICO:

A NOSA VIAXE:



miércoles, 8 de mayo de 2013

MAIO: Día de Europa

O 9 de maio celébrase o Día de Europa. Os alumnos da Aula PT están a celebralo por causa da súa participación no proxecto eTwinning, e están preparando unha sesión divulgativa do proxecto para os seus compañeiros.