miércoles, 8 de mayo de 2013

MAIO: preparándonos para as letras galegas

O próximo 17 de maio celébrase, na nosa comunidade o Día das Letras Galegas. Este ano, o homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño.

O noso colexio considera esta festividade como unha ocasión perfecta para coñecer ao autor, pero tamén para disfrutar coa literatura galega en xeral. Por iso, un día... non nos chega e celebraremos a Semana das Letras Galegas, desde o día 13 ao 17 de maio.

Por iso, xa temos un espazo decorado ao efecto e, seguindo coa temática da primavera, agora temos unha primavera que chove letras. Queredes velo?


O programa para esta Semana das Letras Galegas será:

Día 13 ás 16:00: Presentación da Semana das Letras Galegas. Alumnado voluntario de 5º e 6º preparou unha sesión informativa e lúdica sobre a semana das letras galegas. 
Día 14:  na cuarta sesión: contacontos  para os nenos de educación infantil  a cargo do alumnado de 4º.
Día  15: na cuarta sesión: lecturas  para os nenos de 4º e 6º  a cargo do alumnado  5º .
Día 20 ás 15:30: Sesión de contacontos a cargo de alumnado de 6º, para os nenos de 1º, 2º e 3º.
Día 20 ás 16:15: Interpretación de pezas de música tradicional, como peche da semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario