miércoles, 8 de mayo de 2013

MAIO: Semana das Letras Galegas

Como xa anunciamos, o noso centro celebra, esta semana a conmemoración das Letras Galegas. (Ver info). Nesta entrada poderedes seguir as diferentes actividades realizadas:

1. Exposición sobre a Historia das Letras Galegas, desde a Biblioteca Escolar, temos toda a información sobre esta festividade

2. Panel informativo sobre o autor: Un pequeno percorrido pola vida de Vidal Bolaño preside a entrada á escola.

3. Sesión de apertura da Semana das Letras Galegas. A cargo de alumnado de 5º e 6º, e para todos os grupos que o desexen, presentarase a Semana e o Autor:

Alumnado de 6º: Telexornal informativo


Alumnado de 6º: Lectura dun anaco de "Xáxara, Paniogas, Tarelo o Rapaz e o Cachamón, ou como trocar en rato o meirande xigantón", de Roberto Vidal Bolaño.



Alumnado de 5º: Lectura dun anaco de "Touporroutou da Lúa e o Sol" de Roberto Vidal Bolaño e Xogos sobre o autor homenaxeado.


4.  Primeira Sesión de Contacontos para os alumnos de educación infantil, a cargo de alumnado de  4º de Primaria, dirixido pola súa titora, Paca. Trátase da representación de dúas lendas da zona: A lenda das Pontes de Gatín e a Lenda da Muller Cerva.




5. Segunda sesión de contacontos para os alumnos de 4º e 6º, a cargo de alumnado de 5º de Primaria. Nesta ocasión o achegamento ás Letras Galegas foi através de poemas de autores relacionados co contorno. A profesora Cristina, coas imaxes tomadas nas diferentes saídas didácticas, preparou unha montaxe video musicada deste poemario, para traballalo cos seus alumnos e compartilo cos nenos maiores do centro.
Podes acceder a máis información aquí.

6. Terceira sesión de contacontos para os nenos de 1º, 2º e 3º, a cargo de alumnado de 6º de Primaria.Os nenos contaron a Lenda de San Xulián o Cazador, que se conta cada mes de xaneiro en Morcelle.



7. Interpretación de varias pezas de música tradicional preparadas coa profesora de música, Gema, e peche da Semana das Letras Galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario