jueves, 31 de octubre de 2013

OUTUBRO: ARTESÁNS DO XABÓN

Os artesáns teñen un lugar importante na economía da zona: carpinteiros, cesteiros, canteiros... fan o seu labor e facilitan á comunidade produtos de calidade, normalmente con materia prima autóctona, que son fundamentais nos fogares.



O día 28 de Outubro, contamos coa presencia de dúas nais da comunidade educativa para contarnos como fan o xabón para o corpo de xeito artesanal.

No pasado, as avoas do alumnado preparaban este xabón para a limpeza da casa. Hoxe, o habitual é mercalo no supermercado.

Porén, artesanalmente, fanse xabóns para o corpo, cabelo, mans... de altísima calidade, que tamén se comercializan en tendas especializadas. Son produtos delicados que están a ocupar un lugar importante nas economías das zonas.

Unidade didáctica para o terceiro ciclo de traballo co xabón. 

Este é o vídeo que recolle a elaboración do xabón




 


Despois, procedimos a cortalo, envolvelo e gardalo para o seu uso posterior...



FINALIZANDO A ACTIVIDADE

OUTUBRO: O Samaín

Tempo curioso, este do Samaín, ligado aos magostos, aos contos de medo, ás cabazas... Nós non podiamos deixar de celebralo. Por iso, na semana do 28 do outubro, comezamos coas actividades do Samaín:


Exposición e concurso de Cabazas decoradas. Todas as familias poden participar entregando unha cabaza decorada ao estilo desta época. (Ver o album de fotos)


 Sacamanteigas por un instante. Todo o alumnado pode participar facéndose unha foto no particular monstro que vixía a entrada estes días. (Ver o álbum de fotos)

Concurso de Microrrelatos do Samaín. Ata o día 8 de novembro, o alumnado pode presentar un microrrelato de terror en calquera idioma. Con todos eles, faremos un e-book que colgaremos na rede, e un libro que se gardará na Biblioteca Escolar. O gañador levará á súa clase un premio divertido, algo que non se compre, pero que se comparta. (Ver o cartel)

Este e o vídeo das Cabazas


OUTUBRO: O Outono

O outono é época importante no rural galego. As recoleccións para o inverno tocan o seu fin nesta estación e todo se dispón para que as reservas sirvan para manter os fogares...

Xa vimos o oficio dos recolectores (Recollendo moras para facermos mermelada).

Preto deles están os cesteiros, que proporcionan os recipientes cos que saír ao monte por cogumelos, moras, noces, castañas... (Obradoiro de cestería)





E o clima inflúe nas actividades propias da estación: ventos que viaxan follas, follas que viaxan ceos, ceos que se cubren de nubes...

A nosa decoración de outono recolle todo o falado, e conta coa participación de profesorado e alumnado na súa realización: follas, ventos, nubes, cestos, mermeladas...