jueves, 26 de diciembre de 2013

DECEMBRO: O noso traballo na páxina da CMATI



A visita de Manuel Salgado, no pasado mes de novembro deixou estas reflexións na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

miércoles, 18 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Celebración do Nadal

Este ano a celebración de Nadal vén chea de actividades lúdicas e ilusionantes, como corresponde ás datas nas que estamos.

Este ano, o colexio vestiuse de branco e palabras que expresan sentimentos propios do Nadal. Mira a nosa decoración navideña...


Botade un ollo ao que estamos facendo:

Buzón de Postais de Nadal. Como remate á recollida de felicitacións de nadal, Tamara, Pablo e Johana foron os encargados de facer o reparto polas clases. Todos os nenos recibiron as postais que os outros compañeiros quixeron deixarlles e, por suposto, tamén os profesores recibiron mostras de cariño por parte de nenos e maiores. Un pracer para finalizar o curso!!




Carteiro Real. O xoves, case cun pé nas vacacións, o carteiro veu recoller todas as cartas que o noso alumnado escribiu aos Reis Magos. Alí, no seu trono, entregou caramelos aos nenos mentres recollía os seus desexos... Cantos profes terán entregado tamén as súas cartas? Cumprirán os nosos soños os Reis Magos? Teremos sido bos e traballadores?
Uf! Cantas preguntas!


Ver aquí todas as fotos feitas co Carteiro Real.

Mira o vídeo de toda a entrega



Mercado Solidario: Sempre é bo ser solidario, pero no nadal, é obrigatorio. Por iso, pretendemos recoller fondos para facilitar a participación nas actividades extraescolares e complementarias a todos os nosos nenos. Así que levamos mans á obra desde o outono: mermelada, xabón, cestos... saíron dos nosos obradoiros... E tamén artigos artesáns feitos por algunhas familias colaboradoras.
Ven comprar o día 20, cando asistas ao Festival de Nadal. Queres encargarnos algo?




Festival de Nadal: O venres día 20 o alumnado do colexio, axudado polos seus profesores deleitará ás familias coas súas actuacións navideñas. Non podedes perdelo. Pero, para quen non poida asistir... Tranquilos, aquí van os videos:


DECEMBRO: A semana da Constitución e o Estatuto de Galicia

O pasado 18 de decembro, no noso cole, fíxose a actividade de clausura da Semana do Estatuto de Galicia e Constitución Española.
A actividade consistiu nunha sesión de formación entre iguais na que o alumnado de 6º (Educación para a cidadanía) explicou a materia de estudo aos compañeiros de 5º e 4º.
A sesión desenvolveuse durante unha hora na que houbo unha presentación en powerpoint, explicada polo alumnado e unha rolda de preguntas.

Este é o cartel que anunciaba a sesión.

Este é un vídeo coas imaxes da sesión.

Constitución e Estatuto

lunes, 16 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Convocatoria de xuntanza para as familias

O noso centro ten previsto celebrar unha xuntanza en xaneiro para as familias do terceiro ciclo en especial, estando a convocatoria aberta a todas as etapas educativas.
O motivo desta xuntanza é explicar a nosa participación en programas de innovación educativa a nivel autónomo, nacional e europeo.

Proxecto ComBas
Plan Proxecta: Máis e mellor Educación Física e Sustentabilidade e Paisaxe.
Proxecto eTwinning.

Consideramos importante difundir as iniciativas innovadoras que estamos a desenvolver, así como os soportes pedagóxicos que as xustifican.

Aorde do día para esa xuntanza é a que segue:

  • -         Explicación dos proxectos nos que nos implicamos o pasado curso: as valoracións resultantes (modificacións nas tarefas da escola e premios obtidos)
  • -          Explicación das liñas de traballo para este curso: COMBAS, PROXECTA, eTwinning, Plan de Biblioteca.
  • -          Presentación dos blogues da escola e das diferentes formas de participación das familias.
  • -          Rogos e preguntas.


Este é o cartel cos contidos da xuntanza:

combasdef title=
easel.ly

DECEMBRO: Quen cumpre anos?

Por primeira vez na escola, este ano decidimos festexar os aniversarios dos compoñentes da nosa comunidade educativa. Por iso, nacen os "cumpreanos trimestrais", coa colaboración do noso ENDL, un día de menú especial no comedor e unha pequena sorpresa para os homenaxeados.

O evento celebrouse o día 16 de decembro e moitos foron os nenos e adultos que puideron disfrutar do seu cumpre entre amigos. 

O menú especial foi de ensalada e pizza, cunha sobremesa moi inusual no colexio, unha tarta de crema e chocolate, feita polos alumnos de terceiro ciclo para todos nós.

O colexio, como nota festiva, decidiu regalar unha fotomontaxe para cada un dos homenaxeados. Estas fotos estarán colocadas no comedor durante toda a semana e serán entregadas o próximo día 19.

Mira aquí algún momento do día.
Este é o vídeo con todas as fotomontaxes:

domingo, 15 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Proxecto eTwinning

Para os próximos meses, o alumnado da Aula de PT participará nun novo proxecto eTwinning que completará o traballo programado para o Plan Proxecta do centro, en especial, para o desenvolvemento do programa Sustentabilidade e Paisaxe, ao que pertencemos.

Este proxecto, que leva como título "A historia da miña casa" servirá para o coñecemento da poboación, a paisaxe e as características que nos definen como territorio, tomando como tópico de traballo a propia casa. Nel, o noso alumnado compartirá traballo, materiais e aprendizaxes con outras escolas europeas, traballando en galego, portugués e castelán, polo que contará coa colaboración do noso ENDL.


DECEMBRO: DECORACIÓN DE NADAL

Co mes de decembro chega o Nadal... O noso colexio énchese de branco, a xogo coas xeadas que nos acompañaron estes días. As árbores feitas para esta decoración inclúen palabras que expresan sentimentos en todos os idiomas da nosa comunidade educativa: galego, castelán, portugués, inglés, búlgaro, francés... Formando parte do programa do noso ENDL.


Disfruta connosco da decoración elaborada para este ano:



jueves, 12 de diciembre de 2013

DECEMBRO: A Semana do Estatuto de Galicia e a Constitución

Este curso, o alumnado de 6º está a traballar, na materia de Cidadanía, o Estatuto de Galicia e a Constitución. Do seu estudo, participaremos todos nunha sesión de formación entre iguais que se celebrará na semana do 16 ao 20 de decembro, en colaboración co ENDL.

Accede a materiais de traballo neste enlace.

Accede á sesión de formación entre iguais neste enlace.

domingo, 8 de diciembre de 2013

DECEMBRO: Postais de Nadal

Unha das actividades promovidas desde o ENDL para este Nadal, volve a ser a colocación dun Buzón para recoller todas as postais que os alumnos desexen enviar a outras persoas do cole.

Este buzón está colocado na entrada desde o día 9 ao 16 de decembro, e as postais serán entregadas o próximo día 18.

Esperamos que todos reciban tan bos desexos como merezan!

DECEMBRO: O noso cole colabora nunha campaña de recollida de alimentos

Todos os meses do ano son adecuados para a solidadariedade, pero decembro engade un factor máis: O Nadal é tempo de compartir.

Por iso, o noso colexio está a recoller alimentos durante todo este mes. Podes enviar a túa axuda, nós faremos que, para alén de participar e ser solidarios, desenvolvamos unha vertente educativa, en valores, para todos os que vivimos na escola.

lunes, 2 de diciembre de 2013

NOVEMBRO: Finalizando a actividade do xabón

O día 2 de decembro é un bo día para envolver o xabón que fixemos... Ten que estar preparado para o día do Festival de Nadal, en que o venderemos.

Este é o resultado do traballo de hoxe.

NOVEMBRO: Marcapáxinas da nosa escola


O alumnado de 5º, no marco do Plan Máis e Mellor Educación Física, fixo unha saída ao contorno, en outubro, coa finalidade de estudar as árbores que nos arrodean.

Na saída, fíxose unha recollida selectiva de follas que, posteriormente, foron estudadas na aula e sometidas a un proceso de secado para o seu procesado noutras actividades do curso.
Unha destas actividades, a proposta do ENDL, foi a elaboración de marcapáxinas para regalar ás  visitas que teñamos na escola, como un selo de identidade.
Aproveitamos o momento e comezamos a difundir a obra do Poeta Díaz Castro, homenaxeado na próxima edición do Día das Letras Galegas, por iso, a traseira dos nosos marcapáxinas levan unha fermosa cita del:

"A beleza feriume para sempre"

Estas son imaxes do día: