jueves, 20 de junio de 2013

XUÑO: Desenvolvemento das I Xornadas de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

O 19 de xuño de 2013 fomos ao Pazo da Cultura para participar nas I Xornadas de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe.

O evento era unha especie de congreso paralelo para profesores e para alumnos, nel, o alumnado estaba reunido segundo fosen de primaria ou secundaria, para expoñer os seus proxectos e debatir sobre eles.

A segunda parte da mañá foi para obradoiros: os nenos de primaria fixeron xogos colaborativos, os de secundaria debates para a asunción de retos para a escola. Entre tanto, os profesores asistimos a debates sobre a situación da educación por proxectos na actualidade dos nosos centros.

Despois da comida, iniciamos o Espazo interactivo, ao que cada centro levou unha mostra do seu traballo, co obxecto de amosalo e de facer algunha actividade coas persoas asistentes. Nós levamos un estudo estatístico sobre a poboación que alí se reunía, para obter un gráfico que nos dese información acerca do lugar onde viviamos. Tamén convidamos aos asistentes a que escribisen unha palabra que reflectise a sensación que as imaxes da nosa Exposición sobre o Despoboamento lles espertaban.

O día foi un maratón... Rematou preto das once da noite... Pero... hoxe, os sorrisos dicían que era unha experiencia para repetir.

Este é o video das imaxes do día


Este é o vídeo de Yolanda e Diego durante o seu relatorio



martes, 18 de junio de 2013

XUÑO: I Xornadas de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe

O día 19 de xuño, 20 dos nosos alumnos defenderán o noso proxecto diante de todos os alumnos de primaria seleccionados para a asistencia ao evento I Xornadas de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe.

Para esta exposición, contarán coa axuda desta presentación en Prezi, que recolle as liñas de traballo desenvolvidas ao longo do curso.

Ao final da exposición, disfrutaremos deste video, coa lectura espontánea dos textos que acompañan as imaxes do noso alumnado en actividades de campo.


O resto da xornada estará ocupado por obradoiros e sesións lúdicas. Entre os primeiros destaca O Espazo Interactivo, no que nós levaremos a cabo un estudo estatístico da distribución poboacional do alumnado presente no Pazo da Cultura, cubrindo a folla de cálculo á que se accede neste enlace.

Tamén se levará a cabo un Mercado do Troco, no que interviremos, levando para tal fin, algún obxecto.



sábado, 8 de junio de 2013

XUÑO: Semana do Medio Ambiente

Esta semana está caracterizada pola reflexión e a visualización das accións que de xeito cotián nos deixan neste planeta que, aínda que se queixa, ten moito por aportarnos.

O luns 10 de xuño, os nenos da escola, recibiron aos alumnos de 6º para a realización de obradoiros para reutilizar as botellas de plástico. Tratouse de facer pequenos xoguetes para aproveitar este residuo. Os maiores (4º e 5º) elaboraron cadernos de notas con papel reutilizado, cartón e gomas.
Win anunciaba o evento así:

As sesións desenvolvéronse como ilustra este video:




O martes 11 tivemos unha asemblea do alumnado de 5º e 6º para descubrir novos retos que a escola pode asumir no vindeiro curso. A asemblea estivo rexida por unha "dinámica do café" que a fixo distendida e alegre. Win anunciou o evento no corredor de primaria:

Podedes ver aquí imaxes da mesma:




E estas son as conclusións, que viaxarán connosco á I Xornada de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe.






O resto da semana, fixemos un aproveitamento didáctico da Exposición que foi inaugurada  o luns 10, e que pretende dar unha dobre visión: o despoboamento, coas súas consecuencias, e a nosa implicación, para construír o futuro.
Estas son as imaxes da nosa exposición: