domingo, 26 de enero de 2014

XANEIRO: SEMANA DA PAZ

Para finalizar xaneiro, o noso colexio vai celebrar o Día da Paz (31/01/2014), cunha semana completa de actividades e reflexións sobre ela e sobre a nosa achega á mesma, organizadas coa colaboración do ENDL.

Hai pouco que nos deixou Nelson Mandela, un home que loitou por unha sociedade máis xusta e máis libre. As súas ensinanzas non poden quedar fóra dunha Semana da Paz, xusto agora, que podemos facerlle unha pequena homenaxe. Visita aquí a páxina da Fundación Nelson Mandela. Na entrada do colexio haberá unha decoración alusiva a Mandela e á paz.


Por iso, esta semana será unha semana especial, na que o Día da Paz non será só unha celebración, senon o eixo sobre o que aprendermos a ser mellores cidadáns e descubrir que e quen está a facer algo por conseguir un mundo mellor, traballando as nosas competencias.

Estas son as actividades para a Semana da Paz:

LUNS 27, 15.30:
UNHA SEMANA DA PAZ: UNHA SEMANA DE NELSON MANDELA. 



MARTES 28 E XOVES 30, 15.30:
CICLO DE CINE POLA PAZ

O alumnado de 4º, 5º e 6º ve a película "Invictus"
O alumnado de Infantil, 1º e 2º ve a película "Valiant"


MÉRCORES 29, 13.20:
AS NOSAS PEGADAS POLA PAZ



Todo o alumnado e profesorado pintamos un lenzo pola paz...




Este é o proceso.



VENRES 31, 13.00
A PAZ NA LINGUAXE MUSICAL
Actuación musical de todo o alumnado, como colofón a esta semana, cunhas pezas alusivas ao tema.

DESDE O DÍA 27 AO 31
SOMOS UN MUNDO PARA TODOS E TODAS
Traducimos ao galego os poemas do libro "Somos un mundo para todos e todas", de Daniel Brofman Aguilar,  e expoñemos as creacións plástico-poéticas no taboleiro que está habilitado para iso na entrada do cole.
Estes son os resultados:


sábado, 25 de enero de 2014

XANEIRO: DE MATANZA

No marco do desenvolvemento da nosa liña de traballo sobre os Oficios Tradicionais da zona e a súa influencia na Poboación Actual, os alumnos de 6º prepararon un tema para formar aos de 5º, que asistiron a unha das nosas Sesións de Formación entre Iguais. A programación desta liña de traballo pertence ao Plan Proxecta en colaboración co ENDL.

A matanza forma parte das nosas realidades domésticas e, aínda que se ten modernizado, garda un compoñente de tradicións que nos definen e sobre o que consideramos importante ter reflexionado.

O traballo desenvolveuse na última semana de decembro e nas primeiras de xaneiro, e consistiu na recollida de información, imaxes e tradicións, para, posteriormente, elaborar un documento explicativo e unha presentación que servisen para poder compartir este coñecemento etnolóxico.

O día 21 de xaneiro, como colofón a este traballo desenvolvimos as seguintes actividades:

12.30 - Sesión de formación entre iguais. Coa asistencia de Lilian Giacomini e Leandro.
13.15 - Debate sobre os diferentes costumes na matanza en diferentes países: España / Brasil.
13.30 - Degustación de produtos de matanza 
14.20 - Comida típica de matanza, no comedor escolar, para toda a comunidade educativa.

Este é o documento elaborado polos alumnos de 6º.

Esta é a presentación que apoiou a Sesión de Formación entre Iguais.


Estas son imaxes do día.



A matanza



MIRA AQUÍ TODAS AS FOTOS DUNHA MATANZA EN BECERREÁ


Lápices - GIFMANIAQueres aprender a debuxar un porquiño? Mira este video

XANEIRO: VISITA DE LILIAN GIACOMINI CRUZ

O día 21 e xaneiro recibimos unha visita moi especial. Desde o Brasil, chegaba Lilian Giacomini, unha profesora de educación secundaria na área de Ciencias en São Paulo. Lilian veu acompañada de Leandro, un educador social de Santiago de Compostela.

A súa visita está en relación coa realización da súa Tese de Doutoramento, que versa sobre a implantación da Axenda 21 Escolar

O feito de o noso centro ter participado durante o curso pasado, e ser premiado, precisamente na modalidade de Sustentabilidade e Paisaxe, contribuíu a que, Lilian desexase coñecer o funcionamento e implantación deste programa educativo e, para iso, asistiu a unha sesión de formación entre iguais sobre un dos temas do traballo deste curso: oficios tradicionais. Podes ver toda a información sobre esa sesión neste enlace.

Con posterioridade, traballou coa coordinadora do proxecto, Susana Vázquez, que compartiu con ela as súas vivencias ao longo dos últimos sete anos, nos que participou da implantación da A21 Escolar de Galicia.


martes, 14 de enero de 2014

FORMACIÓN DO PROFESORADO NO CENTRO




Como parte do noso Plan de Formación Permanente do Profesorado, o equipo de traballo recibiu ao docente Enrique Penabad e á asesora do CFR Ana Osorio, na sesión de formación que se desenvolveu na tarde do día 13 de xaneiro.






A formación específica desta sesión foi a Concreción Curricular no modelo do Proxecto ComBas, ao que pertencemos desde o pasado curso. Agora, completamos as aprendizaxes da fase A2 deste proxecto coa formación adquirida do devandito PFPP.