sábado, 25 de enero de 2014

XANEIRO: VISITA DE LILIAN GIACOMINI CRUZ

O día 21 e xaneiro recibimos unha visita moi especial. Desde o Brasil, chegaba Lilian Giacomini, unha profesora de educación secundaria na área de Ciencias en São Paulo. Lilian veu acompañada de Leandro, un educador social de Santiago de Compostela.

A súa visita está en relación coa realización da súa Tese de Doutoramento, que versa sobre a implantación da Axenda 21 Escolar

O feito de o noso centro ter participado durante o curso pasado, e ser premiado, precisamente na modalidade de Sustentabilidade e Paisaxe, contribuíu a que, Lilian desexase coñecer o funcionamento e implantación deste programa educativo e, para iso, asistiu a unha sesión de formación entre iguais sobre un dos temas do traballo deste curso: oficios tradicionais. Podes ver toda a información sobre esa sesión neste enlace.

Con posterioridade, traballou coa coordinadora do proxecto, Susana Vázquez, que compartiu con ela as súas vivencias ao longo dos últimos sete anos, nos que participou da implantación da A21 Escolar de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario