sábado, 31 de enero de 2015

XANEIRO: Desenvolvemento da Semana da Paz.


A semana do 26 ao 30 de xaneiro, no colexio celebramos a semana da Paz.

Aparte do traballo nas aulas, fixemos unha actividade común, O Arco da Vella da Paz, que se pode ver na entrada do centro. Nel, alumnos, profesores e visitantes deixaron a súa palabra da Paz, coloreando un, inicialmente branco, arco da vella.

Participaron nesta actividade os alumnos do Proxecto eTwinning portugueses e turcos, polo que o noso arco da vella ten palabras en galego, en castelán, en portugués e en turco. A profesora de inglés traballou este vocabulario co alumnado, polo que a súa achega tamén foi de considerar. É por tanto un arco da vella multilingüe, como corresponde ao traballo do noso ENDL.

Podedes ver como se desenvolveu neste video:




Igualmente, durante as semanas previas a esta, a profesora de música, en colaboración cos titores, organizou unha divertida actividade que se converteu nunha Mensaxe de Paz e de Cor Esperanza para todos e que, sen máis explicación, que limite a sorpresa, vos deixamos neste vídeo:








jueves, 29 de enero de 2015

XANEIRO: Segunda sesión en rede de Educación Responsable


O mércores 28 celebrouse en Santiago a segunda reunión en rede de profesorado pertencente ao programa Educación Responsable.

Todas as comunidades autónomas participantes deron a súa visión do programa e o seu desenvolvemento.





Puidemos asistir a unha sesión explicativa de boas prácticas dun dos centros da rede E.R. En Madrid, o CEIP Ángel León.



Igualmente recibimos información sobre as novas que se estrenan neste segundo trimestre:

En primeiro lugar, a presentación da web  educacionresponsable.org, una páxina que nace para desenvolver todos os materias, novas e encontros que se produzan no programa. Inclúe tamén un espazo para a comunidade E.R. Nesta comunidade podemos entrar todos os profesores e familias, no espazo público, e, o profesorado inscrito no programa, poderá acceder mediante clave.

En segundo lugar, fomos informados do desenvolvemento do programa para o segundo trimestre. Haberá sesións de Banco de Ferramentas (infantil e primaria 1 e 2), O Coro das Emocións (infantil e primaria) e Reflejarte (primaria). O profesorado implicado terá formación específica para impartir estes módulos.

Poderedes seguir o desenvolvemento deste programa neste blog e na pestana que recolle todas as actividades.

lunes, 26 de enero de 2015

XANEIRO: Formación para o profesorado

O programa Educación Responsable está a desenvolver unha actividade de formación co profesorado do centro.

Esta formación está a cargo de Ana Sanjuan e desenvólvese ao longo de tres sesións, cunha duración de 10 horas.

O obxectivo desta actividade é o  de aprender máis sobre a importancia da Educación Emocional e sobre cómo desenvolvela no traballo diario da aula. A última parte destas dez horas adícase á autoestima e á empatía.

Entre os materiais cos que traballamos, Ana recomendou os seguintes:


Jorge Bucay: "El elefante encadenado" - Ver en texto

domingo, 25 de enero de 2015

XANEIRO: Parabéns aos nosos alumnos




Descubrimos na prensa de hoxe que o equipo de fútbol no que xogan os nosos alumnos de primaria é CAMPEÓN DE LIGA.



Isto é algo que non se consegue sen esforzo e constancia, polo que o profesorado do centro quere felicitar os nenos e os seus adestradores e celebra con eles esta victoria.

NORABOA!

sábado, 24 de enero de 2015

XANEIRO: Semana da Paz


O día 30 de xaneiro celébrase do Día da Paz. Para todos nós a paz e a non violencia forma parte dun ensino en valores que se prolonga durante todo o curso, todos os cursos. Porén, é un momento de reflexión compartida e de visibilidade dos nosos progresos neste sentido.

Este ano, en combinación co noso traballo en Educación Responsable, o ENDL coa colaboración do profesorado do centro ten as seguintes actividades preparadas para esta semana:

1. Visionado da nosa adaptación da canción "Color Esperanza". Trátase dun Flashmob que o alumnado e profesorado, dirixidos pola profesora de música, están a preparar desde hai unhas semanas.

2. Coloración do Arco da Vella con palabras relacionadas coa Paz. Este Arco da Vella naceu branco e, na entrada, espera irse enchendo de cor a base de palabras que expresen paz para cada unha das persoas que por aí pasan. Convidados a esta iniciativa están todos os visitantes da escola, igualmente, participarán os alumnos portugueses e turcos que están a desenvolver un proxecto europeo cos nosos nenos. Por iso, é un Arco da Vella da Paz, da Interculturalidade e do Multilingüismo.



jueves, 22 de enero de 2015

XANEIRO: Repositorio dos nosos lugares favoritos




No Nadal lanzamos unha actividade voluntaria para os nosos alumnos e as súas familias. Tratábase de ir recompilando lugares de interese das nosas parroquias.

Aínda que a información está sen procesar, xa temos un bo número de lugares para visitar, cos motivos que cada alumno que trouxo expón.




Podedes consultalos neste cartafol compartido. Iremosvos informando dos avances desta actividade que será a base para unha das partes da nosa Guñia Turística Multisensorial de Becerreá.







Grazas por participar. E se queredes enviar algún outro lugar, recordade que o correo electrónico para facelo é sextosanxoan@gmail.com.

Ver o desenvolvemento desta actividade.


miércoles, 21 de enero de 2015

XANEIRO: Entrega de premios da FAPACEL

Como ben recordades, durante o Nadal, os nosos alumnos participaron en concursos de postais, un deles, o da FAPACEL, trouxo moitas boas novas, en forma de regalos para todos os participantes, aparte da gran alegría que nos produciu saber que Ainara de Educación Infantil foi unha das premiadas en decembro no acto de entrega de premios.

Para o resto dos participantes, a nosa ANPA, fixo entrega dos premios o pasado día 21 de xaneiro. Este é o video de entrega dos premios:

Parabéns a todos!