viernes, 27 de febrero de 2015

FEBREIRO: Participando nun Traballo de Fin de Carreira


O noso alumnado de 2º, 3 e 4º que asiste á aula de PT está a colaborar no desenvolvemento de investigación do traballo de fin de carreira de Marta Castro, compañeira que fixo as prácticas nesta escola durante o primeiro trimestre do curso.


O traballo desenvolve a aplicación de novas metodoloxías na aprendizaxe e, en concreto, Marta está a aplicar un método de multiplicación diferente ao que se apoia nas táboas de multiplicar tradicionais.

martes, 24 de febrero de 2015

FEBREIRO: Desenvolvemento do Entre Letras "Love is in the air"



A inicios de febreiro, describimos como se desenvolvería o Entre Letras para este mes.
A amplitude das liñas de traballo lévaronnos a decidir prolongalo unha quincena máis.



Este é o momento de ir compartindo convosco os resultados dos nosos traballos:

a) Entre Letras Literario: Con tres liñas:

- Historias de Amor, con Romeo e Xulieta, de William Shakespeare, en especial. Forma a nosa exposición de libros da Biblioteca temática, na entrada, para préstamo.




Representación da obra de teatro "Romeo e Xulieta, Historia de amor xunto a unha maceta", adaptada da obra de José Luís García.




Este é o vídeo da obra de teatro:




E este vídeo forma parte da presentación, a cargo de Alex e Tamara, de sexto,  ao alumnado de quen foi William Shakespeare e a relevancia da súa obra Romeo y Julieta.





- Participación no Día de Rosalía co traballo "Eu son Rosalía, porque Rosalía é amor". O vídeo elaborado polo alumnado de infantil e primaria, é a nosa achega á obra literaria da nosa poetisa no seu día, o 23 de febreiro.





- Concurso de Cartas de Amor. Que amplía o seu prazo para favorecer a participación do alumnado. 

Os gañadores deste concurso foron: Carlos e Alberto, de primeiro de primaria, polas cartas máis amorosa e máis romántica, respectivamente. Ainara, de quinto, recibiu o premio á carta mellor presentada e Alex, de sexto, á mellor carta de amor.




b) Entre Letras Artístico: Fotografía para o amor.

A exposición deste Entre Letras é de fotografías editadas polo noso alumnado nas súas aprendizaxes en TICs e  expresan este sentimento.

Igualmente, fixemos unha amorosa estrutura para facer fotos. Pero, para poder facelas, os alumnos deben cumprir un requisito. Este requisito é escrito en verso:

"Se queres que unha foto como esta che fagamos
un verso de amor has de escribir para que leamos.
De entre as fotos amorosas escollermos as máis fermosas
e nas paredes do comedor estarán colgadas para deleitarnos as miradas"


Con estas imaxes faremos a exposición do Entre Letras Love is in the Air, no comedor, mentres dure. Ver aquí todas as fotos.

c) Entre Letras Musical: Cancións de amor: Con dúas liñas:


- O Buzón de Cancións de Amor recolleu todas as peticións de alumnado e profesorado para facer unha selección que soa na entrada á escola e nos leceres. Son todas as nosas cancións favoritas de temática amorosa.
- A intervención do Grupo Batital que constituiu unha sorpresa para o alumnado, xúntase ao traballo na clase de música do tema elixido lema para este Entre Letras ("Love is in the Air") e ás cancións corais do Coro das Emocións de E.R.



d) Entre Letras Gastronómico: 

O Comedor Escolar, coa colaboración de Toñi e Ana, encheuse de amor no menú do día Entre Letras, coa sobremesa "Palmeriñas en forma de corazón con marmelada de morango".


lunes, 23 de febrero de 2015

FEBREIRO: Día de Rosalía





23 de febreiro celébrase, na nosa comunidade, o Día de Rosalía, na honra da nosa máis coñecida poetisa, Rosalía de Castro.



O noso centro adaptouse ás actividades que propoñía a Coordinadora de Normalización Lingüística que, baixo o lema "Eu son Rosalía porque..." pedía un video do alumnado a facer respostas...









Como nós estamos a celebrar o Entre Letras de febreiro "Love is in the air", desde o ENDL, propuxemos facer un vídeo cuxo título é "Eu son Rosalía, porque Rosalía é amor". O vídeo está protagonizado por alumnos do centro a ler versos de amor da poetisa. Elaboramos, tamén o "Muro de Rosalía", cheo dos versos de amor seleccionados polos alumnos nas clases de língua.


Este é o resultado:


domingo, 15 de febrero de 2015

FEBREIRO: Proxectos sobre electricidade

O alumnado de 6º levou a cabo os seus proxectos sobre electricidade, que presentan ao alumnado dos niveis inferiores.


Estes son os resultados:





Con todos eles, faremos unha exposición e unha sesión de formación entre iguais. Esta sesión, completará o traballo de Lucía, no proxecto europeo eTwinning "Luz digital".







viernes, 13 de febrero de 2015

FEBREIRO: Desenvolvemento do Entroido



O noso Entroido tivo o seu día grande o 13 de febreiro. 

Desde a primeira hora, os nosos corredores e aulas enchéronse de disfraces, maquillaxe e risos.

Neste video recollimos os mellores momentos do día.





Ás 11:30 comezaba a festa, co desfile. neste vídeo está un resumo do mesmo.







A esa hora, e durante toda a mañá, o Mercado Solidario abriu e, desde aquí, queremos das as grazas á colaboración das familias, que fixo posible unha moi interesante recadación para contribuír ás actividades complementarias e extraescolares, especialmente, para os máis desfavorecidos. Os artigos fixéronse en varios obradoiros de lá e goma eva ao longo de dúas semanas. Tedes o vídeo explicativo neste enlace.





O desfile finalizou cunha degustación de doces típicos e un chocolate quente para todos os asistentes.

A xornada escolar finalizou no comedor, cunha sorpresa gastronómica: pizza.




Accede, desde aquí a todas as imaxes do día.


lunes, 9 de febrero de 2015

FEBREIRO: Entroido

O mes de febreiro é o mes do Entroido, unha das festas tradicionais de mellor acollida en Galicia. Para este ano, o noso Entroido será festexado o venres 13.

Xa que recibiremos as familias, montaremos un Mercado Solidario, para a recollida de fondos para as excursións. Nese mercado venderemos os produtos artesanais elaborados polo alumnado en obradoiros e clases de plástica. Os obradoiros nos que se fixeron as pezas que serán postas á venta foron de lá e de goma eva, e os produtos que saíron deles son: bonecos de pompóns, broches e marcapáxinas de lá e de foam.


Esperamos a vosa colaboración!



Neste vídeo tedes as imaxes dos obradoiros e das pezas que venderemos:


sábado, 7 de febrero de 2015

FEBREIRO: Neve en Becerreá

O ENDL en colaboración do equipo do Plan Proxecta, propuxo unha recollida de imaxes de Becerreá nevado, coa colaboración das familias.

Se aínda queres enviarnos a túa imaxe, podes facelo ao correo sextosanxoan@gmail.com.

Aquí vai unha selección delas:



miércoles, 4 de febrero de 2015

FEBREIRO: Love is in the air

O mes de febreiro inclúe tres datas nas que o amor é un compoñente importante:


O xoves de comadres, día das amigas.
O xoves de compadres, día dos amigos.
O día de Sna Valentín, día dos namorados.

Hai moitas clases de amor e como nós estamos a desenvolver as nosas emocións e o xeito no que as manifestamos, decidimos pensar nun Entre Letras que festexe esta circunstancia tan agarimosa. Por iso, o noso programa para este mes é:

1. No plano da Literatura: Coñeceremos unha das obras de amor máis importantes, Romeo e Xulieta, de William Shakespeare. Por iso, os nosos alumnos de quinto representarán, o día 27, unha recreación a partir de "Romeo y Julieta, una historia de amor junto a una maceta" de José Luis García.



E para todo o alumnado abrirase un Concurso de Cartas de Amor, que fará parte da nosa decoración para este Entre Letras. O prazo vai desde o 5 ata o 20 de febreiro e será o 27 o día no que se entregue o premio.




Participaremos no concurso organizado pola Coordinadora Galega de Normalización Lingüística para o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, coa temática "Eu son Rosalía porque..."

Tamén para todos, haberá unha exposición de libros deste tema, entre os que se encontran as novas adquisicións. Todos eles serán prestados a partir do día 26 de febreiro, e poderán ser lidos no recuncho do Entre Letras mentres estea aberta a exposición (desde o día 9).


2. No plano musical, aparte dunha sorpresa que temos preparada grazas ao grupo Batital, estamos organizando un buzón de "Cancións de amor" que soarán, ao longo do mes, en distintos momentos. Toda a comunidade educativa pode deixar neste buzón a súa petición de canción de amor.
A música que se traballará na clase será "Love is in the air", como fío condutor, e varias composicións corais elixidas de entre as propostas para o Coro das Emocións, do programa Educación Responsable.

3. No plano artístico, o alumnado de 5º e 6º traballará sobre edición de fotografía de temática amorosa, en calquera dos seus sentidos, e será o motivo de exposición do comedor durante este mes. Estas imaxes compartirán espazo con algunha das máis famosas fotografías de amor da historia.

4. No plano gastronómico, o amor é doce... Así que no menú do Entre Letras de febreiro, haberá unha sobremesa moi doce e moi romántica... Palmeriñas de Amor con Fresas, elaboradas polo alumnado. Compartiremos a receita!