sábado, 28 de marzo de 2015

ABRIL: Un mes de... indios!

Si, os indios comezaron o seu asentamento no CEIP San Xoán de Becerreá... Teñen un fermoso campamento na nosa entrada... É un campamento moi especial para nós pois ten recollidas as nosas emocións en forma de tecidos...

Todo comezou o trimestre pasado, no desenvolvemento de RefleJarte, de Educación Responsable. Recollimos teas, coa colaboración das familias, que tivesen que ver coas nosas emocións, con elas quixemos facer un produto social, compartido e creativo. Algo no que escondernos para pensar, para ler, para sentir... E... con retais... fixemos un tipi indio. Mira a súa historia:


Agora sabemos que virán outros visitantes, uns dos que aprender: a súa relación co contorno, a cultura da reflexión, a simbiose coa natureza... Os indios serán os protagonistas indiscutibles do noso mes de abril, do noso próximo Entre Letras.

Non perdas ningunha das actividades que imos desenvolver. Todos: profes, alumnos, biblioteca... estamos traballando para que esta visita sexa un espazo de aprendizaxe e diversión...

jueves, 26 de marzo de 2015

MARZO: E.R. Banco de ferramentas EP1

Esto é o que nos contan os nenos de primeiro de primaria do seu traballo co Banco de Ferramentas de Educación Responsable:

No segundo trimestre traballamos o desenvolvemento cognitivo con fin de acadar os seguintes obxectivos:

-Aumentar a  capacidade de autocontrol.
-Asumir  de xeito  progresivo unha toma de decisións  responsables.
-Desenvolver actitudes positivas cara á saúde.

Actividade I : Coidado!

Nesta  primerira actividade traballamos sobre o autocontrol. Descubrimos a importancia de non deixarnos levar demasiado polos nosos impulsos  e o necesario de meditar as cousas e prestar  atención ao que facemos para evitar riscos e despistes.





Actividade II :Defendemos a nosa  terra.

Que importante é tomar medidas para preservar e defender o planeta no que habitamos! Nesta actividade reflexionamos moito sobre isto, Queremos un planeta bonito, limpo e san!



Actividade III: Come de todo, come con cuidado


É imprescindible comer de xeito equilibrado! Estos días estivemos analizando o importante  que é para a nosa saúde comer san. Temos que prestar especial atención aos alimentos que nos benefician.

lunes, 23 de marzo de 2015

MARZO: E.R. Día das Emocións

Foi durante unha conversa informal que soubemos de que o CRA Ponte da Pedra, en Carballo, A Coruña, ía celebrar o Día das Emocións, no desenvolvemento do Programa Educación Responsable.


Cando souberon do noso interese en participar, recibimos esta invitación desde alí para formar parte, dalgún xeito das súas actividades... Tantos kilómetros ao seu leste...



Por iso, decidimos responder a súa video-carta con esta outra... 



E... Claro.... Para despois das vacacións... Teremos preparada unha actividade conxunta... Non vos perdades a próxima entrega....

domingo, 22 de marzo de 2015

MARZO: No Blogue da Embaixada eTwinning en Galicia

Unha actividade do Proxecto eTwinning que estamos a desenvolver no noso cole foi citada no Blogue da Embaixada eTwinning en Galicia, por causa da difusión do programa que se levou a cabo con outros centros galegos e portugueses.


Parabéns!

sábado, 21 de marzo de 2015

FEBREIRO: EDUCACIÓN RESPONSABLE. BF - EP2

O alumnado de 6º é o encargado de desenvolver as tarefas do Banco de Ferramentas de Primaria (Ciclo superior) proposto por Educación Responsable.

Para este trimestre traballaremos a nivel cognitivo.

TAREFA 1: TOMA DE DECISIÓNS.

Visionado do vídeo (unha escena da película "Los amantes del Círculo Polar") e Role Play. Despois do debate e da recreación da situación que se deriva da escena da película, pídese aos alumnos que se sitúen na pel de cada un dos protagonistas: nai, namorada, namorado e nova parella da nai. Despois solicítase a escrita dunha carta de amor na que ten que aparecer:

- Destinatario e remitente da carta.
- Situación persoal do remitente.
- Explicación dos sentimentos que ten.
- Solicitude que fai ao destinatario.

Todas estas cartas entrarán ao concurso no Entre Letras de febreiro

Esta é a recompilación das cartas de sexto.


Pero a toma de decisións vai moito máis alá dun simple Role Play, por iso, imos traballar, tamén, as normas no comedor, tendo que decidir entre as fundamentais e elaborando, con esas decisións un cartaz para a escola. Esta proxección da tarefa levarase a cabo na participación dos nenos de 6º como convidados no Proxecto Europeo eTwinning que se está a desenvolver na Aula de PT. E será levado a cabo co seguinte proceso:

INICIO DA ACTIVIDADE: ELABORACIÓN DE VIDEOS COAS NORMAS E O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR.





DESENVOLVEMENTO DA TAREFA: REDACCIÓN EN DOCUMENTO COLABORATIVO CON PORTUGAL, DAS NORMAS COMÚNS DOS COMEDORES DOS CENTROS SOCIOS DO PROXECTO

ELABORACIÓN DUN CARTAZ COAS NORMAS




FINALIZACIÓN DA TAREFA: PRESENTACIÓN DO CARTAZ NO COMEDOR ESCOLAR, PREVIA APROBACIÓN POLA ENCARGADA DE COMEDOR.





TAREFA 2: VALORES


"LA CRUZ ROJA"



A reflexión irá de cara a ver a nosa participación en campañas nas que se envolve o colexio: Recollida de Alimentos, Recollida de tapóns de plástico e Recollida de xoguetes. Igualmente, encontraremos información sobre qué facemos cos ingresos do noso Mercado Solidario.



Despois, analizamos a nova publicada no noso blogue para a Campaña de Xoguetes de Nadal, contaremos coa Presidenta da ANPA do cole, unha das máis activas colaboradoras nesta campaña solidaria.

Este é o documento que recolle todas as iniciativas solidarias que levamos a cabo nalgún momento do curso, no cole. E a invitación do noso alumnado para participar nelas.

TAREFA 3: AUTOCONTROL


"CONTROLA ESE MAL HUMOR"


Visionado deste video e xogo de roles: "Cando perdo o control?" O alumnado ten que reflexionar sobre situacións problema e representar o que habitualmente ocorre e o que podería mellorar se houbese un maoir control sobre as nosas accións.

Este é o vídeo das sesións:



TAREFA 4: SAÚDE

"AS DROGAS NON SON UN XOGO"

Chega o momento de pensar en adiccións que temos, naquelas actividades que nos restan saúde ou tempo de lecer para disfrutar cos amigos, a familia... de hábitos saudables.

Para iso, despois de ver o publicitario recomendado, o alumnado reflexiona sobre tempos e actividades que lle restan a posibilidade de relación. Encontran o aspecto negativo de tal adicción e colaboran nun documento compartido de "confesións". É este Padlet.





jueves, 19 de marzo de 2015

MARZO: Día da Árbore







En marzo celébrase o Día da Árbore. Durante estos anos convertemos en tradición plantar unha árbore no noso contorno.







Nesta ocasión, aparte de traballar os materiais enviados pola Deputación de Lugo nas aulas, en colaboración co ENDL decidimos nomear a nosa árbore, un acebo que medrará na nosa entrada, véndonos chegar cada día. Para iso, cada curso decidiu un nome, e, entre todos, escollimos.

Despois, procedimos á plantación, que compartimos convosco neste vídeo.

miércoles, 18 de marzo de 2015

MARZO: Educación Responsable. ReflejArte

A proposta artística para desenvolver o programa Educación Responsable pasa por reflexionar sobre a arte en relación coas emocións que suscita, pero tamén sobre a emoción que existe cando se crea unha obra de arte. Iso fará que comprendamos mellor ao artista, cando expresa, en calquera forma, os sentimentos que explican o seu traballo.

Posterior á reflexión, todos intentaremos crear unha obra plástica que recolla as nosas emocións. Isto chámase Tecendo Emocións,  e forma parte da liña de traballo ReflejArte, e xa convidamos as familias para colaborar connosco.


Esta obra, da que daremos conta só ao final, consta de varias fases de traballo:

1- recollendo emocións tecidas: todos traemos unha prenda, ou tea, que sexa emocionalmente significativa para nós. Non requere doutro requisito. Apenas que sexa importante para nós. Colabora, neste espazo o ENDL, coa aprendizaxe de vocabulario sobre emocións...
2- clasificación dos tecidos e organización dos traballos
3- organización: patronaxe, pegado, costura....
4- montaxe das pezas
5- inauguración da nosa obra, que fará parte do noso mobiliario escolar e do noso espazo emocional

Como este proceso será longo... Iremos informándovos dos nosos progresos.

Fases 1, 2 e 3:


   

Fase 4:



Fase 5:

Chega o momento de presentar a nosa obra... Para iso, precisamos dun espazo común pois, se ben é o final desta liña de traballo, é tamén o inicio da seguinte... Convidámosvos a coñecer o futuro do noso Tipi das Emocións...

 




jueves, 12 de marzo de 2015

MARZO: Primeiro ciclo descubre máis do contorno

O día 11 de marzo, os alumnos de primeiro ciclo viaxaron para pasar un día percorrendo o contorno e descubrindo nel espazos e sensacións.



O primeiro que visitaron foi o Castelo de Doiras, ao que chegaron despois dun longo e custoso ascenso a pé, acompañados dun can moi xoguetón.




Repuxeron forzas no Patio do Castelo, vixiando que "o seu amigo" non lles comera a merenda.



Aínda que había moito lixo, aseguráronse de que non quedara nada deles.


No descenso puideron ver con máis calam o Río Neira e un afluente seu. 




A continuación chegaron a San Román. Alí visitaron as dúas pallozas e o hórreo.

Os nenos que quixeron, sentaron nun escano.





PODES VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DO DÍA.



lunes, 9 de marzo de 2015

MARZO: PARTICIPACIÓN

A participación como cidadáns en convites sociais é un dos valores que se aprenden no currículo de Educación para a Cidadanía, por iso, nesta ocasión, o alumnado convidado para esta iniciativa foi o de 6º, que participou cos grupos do Proxecto Europeo eTwinning "Luz Digital", nunha actividade de cooperación. Por outra banda, considérase unha actividade de dinamización das línguas pois este proxecto está en galego, castelán e portugués, de aí que estea presente na planificación das tarefas do ENDL.

Esta participación ten un dobre obxectivo:

1. Selección do mellor material, de entre os enviados polo equipo portugués, do seu entroido. Nesta actividade tivo que cubrir unha enquisa despois de valorar tres vídeos.

2. Comparación dos centros educativos: Unha das actividades do proxecto foi a comparación dos centros educativos. Unha vez visto o vídeo e o documento elaborado polos alumnos participantes, os nenos de 6º fixeron unha valoración comparativa.




viernes, 6 de marzo de 2015

MARZO: Roteiro das Penas de Pedrelada

Enmarcado no Plan Proxecta, o roteiro polas Penas de Pedrelada, foi un día especial para o alumnado, que incluíu este paseo no repositorio de lugares para visitar do Concello, que será parte da guía turística que se está a desenvolver.


Alex e Brais explican cómo foi o roteiro:




Este é o vídeo do roteiro:









Podes acceder neste enlace, á carpeta repositorio dos nosos lugares favoritos.

lunes, 2 de marzo de 2015

MARZO: Tecendo emocións

Para este mes finalizaremos o noso traballo con Reflejarte, do Programa Educación Responsable. Ao longo deste trimestre, o alumnado descubriu un xeito diferente de arte, en relación coa expresión emocional.

Chega o momento, agora, de construír a nosa obra de arte. Para iso, imos desenvolver "Tecendo Emocións". Pero precisamos da vosa axuda:

"Tecendo Emocións" consiste na creación dunha composición a partir das teas que significan algo emocionalmente importante para nós. Xa temos moi claro cal será a nosa obra, pero agora estamos a recoller esas "teas emocionais".

Aínda que a tarefa é para o alumnado de 5º e 6º, queremos facer partícipe a todas as familias, porque o resultado final será un obxecto/espazo que formará parte da nosa escola e terá unha aplicación para todos nós.

Se queres que un anaco de tea te represente neste noso "Tecendo Emocións" tes que enviárnola e escribir nunha tarxetiña o motivo polo que ese anaco é importante para ti. Non esquezas que o que nos envíes quedará na escola, formando parte dunha creación que é de todos e para todos.

O último día para entregarnos esa prenda é o día 9 de marzo. Contamos contigo!!

domingo, 1 de marzo de 2015

MARZO: Sesión de formación entre iguais: Circuitos eléctricos


O alumnado de 6º elaborou circuitos eléctricos para desenvolver os contidos da materia de coñecemento do medio. Podes ver os resultados neste enlace.

Agora trátase de explicalo aos compañeiros de 5º. Esta actividade de formación entre iguais, vén enmarcada na liña de traballo do Plan Proxecta e incluirase no Proxecto eTwinning no que está a participar Lucía: "Luz digital". Consiste, entón, nunha sesión de difusión do proxecto eTwinning, con alumnado doutros grupos, na que non só se leva a cabo a exposición de contidos académicos, senón da metodoloxía propia do proxecto europeo e dos seus resultados compartidos.

Segue, neste vídeo, a explicación do alumnado:

Estas son imaxes do día.



  (ver a nova no blogue do eTwinning)