lunes, 27 de abril de 2015

ABRIL: Semana da Prensa






Quixemos relacionar, este curso, a Semana do Libro e Dereitos de Autor e a Semana da Prensa, pois entendemos que Ler é un pracer e un xeito de buscar información, libros e prensa dannos ocasións de lectura cada día e o colexio é a contorna amiga na que podemos e debemos acceder a este mundo.







As actividades que desde o centro propoñemos son as que seguen:



Exposición Xornais do Mundo. Desde o día 28 de abril ata o 8 de maio estará aberta, no Salón de Actos, esta exposición con xornais en diferentes idiomas. A colección estará accesible durante toda a xornada escolar para os diferentes grupos, e nos leceres, para todos os nenos. Colaboraron na súa organización: O Círculo das Artes de Lugo, o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz e Técnica de Mantenimiento, de Lugo.
Imaxes da Exposición Xornais do Mundo


"O homiño de Papel" será unha actividade de formación entre iguais na que os nenos de segundo, coa súa titora explicarán o súa liña de traballo en Lee de Educación Responsable, en relación coa lectura do libro homónimo e o traballo coa prensa. Igualmente, farán algún obradoiro para os nenos máis pequenos. Podes seguir o desenvolvemento desta tarefa nesta ligazón.






domingo, 26 de abril de 2015

ABRIL - ER - LEE PRIMARIA - DURANTE A LECTURA

O segundo momento de ER, para a Literatura de primaria é o de xogar coa língua. Por iso, fixemos todo o que segue:





Fichas a partir das lecturas, ao longo de todo o proceso. Esta é unha selección deses traballos:








Na terceira parte deste traballo, estivemos a voltas cos sentimentos, a tristeza e a felicidade, e os seus campos semánticos de xeito oral, escrito e plástico. Falaron do que os poñía tristes/alegres, escribírono nos xogos coa língua (caligrama) e inventamos unha lavadora na que metemos unha roupa de papel que levaba escritas as cousas que os poñían tristes. Despois inventamos un deterxente feito de boliñas de papel que tiñan escritas palabras que nos poñen alegres (música, xogar...). Deixamos a lavadora funcionando á hora de xantar e... á tarde... MAXIA! A roupa estaba limpa.
Neste apartado non esquecemos a empatía coas persoas que están tristes.

Outro dos puntos traballados foi o xénero periodístico: titular, nova e creación dunha noticia feliz.

A LAVADORA: Hai emocións que se poden lavar, recollendo novas sensacións e experiencias. 



LENDO NOVAS E PREPARÁNDONOS PARA O GRAN HOME DE PAPEL CHEO DE BOAS NOVAS




ACCEDE AQUÍ ÁS ANTERIORES  ACTIVIDADES DE DURANTE A LECTURA DO "HOMIÑO DE PAPEL"

ACCEDE AQUÍ ÁS ACTIVIDADES DE DESPOIS DA LECTURA


Podes acceder a todas as fotos AQUÍ e AQUÍ


sábado, 25 de abril de 2015

ABRIL: E.R. LEE - DURANTE A LECTURA





O segundo trimestre, o bloque de Literatura para Educación Primaria foi coordinado pola profe María José e o alumnado da súa titoría, a de 2º. O seu traballo consistiu en afondar na lectura comprensiva e aplicativa da obra "O Homiño de Papel", e foi desenvolvida en varias fases, das que recollemos os mmentos máis importantes:

 PAPIROFLEXIA: Sombreiros de papel










PAPIROFLEXIA: Barcos e cans














ACCEDE AQUÍ AS SEGUITES ACTIVIDADES DE DURANTE A LECTURA DO "HOMIÑO DE PAPEL"

ACCEDE AQUÍ ÁS ACTIVIDADES DE DESPOIS DA LECTURA


Podes acceder a todas as fotos AQUÍ e AQUÍ


jueves, 23 de abril de 2015

ABRIL: Desenvolvemento de "Unha de Indios"

Unha de Indios Literaria:

"O Corvo que rouba a luz", lenda dos Indios Haida.



Bruno Pena Calvo organizou e desenvolveu un obradoiro de StopMotion para os alumnos de 5º e 6º. Preparamos todo o necesario para o decorado, adaptamos a lenda a un guión interpretable con esta técnica e fotografiamos todas as escenas. 

A estrea da curta gravada será na celebración do Día da Nai Terra.

Mira aquí as fotos deste día.



Para completar o coñecemento sobre a Luz, o alumnado de 5º e 6º terá unha sesión con José Vázquez, científico loco, técnico serio... O alumnado, para asistir, deberá finalizar esta historia...  Para aprender sobre a luz, Pepe creou unha serie de situacións que nos fixeron descubrir a luz negra, os infrarroxos, os ultravioleta e ata un láser verde a chocar nun chorro de auga...
Aquí podedes ver todas as fotos do día e este é o vídeo resumo da sesión:





Exposición de libros sobre amerindios.

Cada Entre Letras ten a súa colección de libros e, desde BiblioLío, organizouse esta, que veu recordarnos canto sabemos dos indios americanos desde as películas de vaqueiros vistas... Recorda que podes curiosear, ler e pasalo en grande con todos eses libros mentres dure a exposición e, despois, levalos en préstamo a casa!

O Gran Xefe Seattle falou co home branco, nun discurso que non podemos deixar de coñecer pola moita sabedoría que contén e sobre os bos consellos que seguimos precisando para un respecto do contorno e un uso sustentable do mesmo. Por iso, incluímolo nesta exposición e tamén formará parte da celebración do Día da Nai Terra.

Os alumnos de 6º, en Educación para a Cidadanía, afondaron máis neste Discurso. Eles transformaron o pequeno libro "Nosotros somos una parte de la Tierra" nun diálogo entre o Gran Xefe e o Presidente americano Franklin. Podes ver toda a información nesta entrada.

Unha de Indios Artística:

Concurso de Deseño de Traxes de Indio e MateMaxia.




Porque deseñar é un arte e un xeito de expresar. Esta vez convertémosvos en deseñadores. 

Estas son as bases do concurso. Podes entregar o teu bosquexo antes do día 29, día da actuación de MateMaxia. A partir do día 29, procederemos a votar para coñecer o traxe gañador.
Estes son os resultados do concurso, preto de 40 deseños de alumnos de todos os niveis:

O modelo gañador é este.

Con el, Inés Regueiro, modista e profesora de Corte e Confección da vila, explicará como se pasa dun deseño a un vestido mediante a creación dun patrón. A sesión, o día 5 de maio, deixou estas imaxes do proceso, e con ela aprendimos como tomar as medidas a unha persoa, como facer un patrón a partir dun deseño, como pasar o patrón á tea e como cortar, hilvanar e probar un traxe, además dun montón de vocabulario!



O vestido resultante será presentado no día 11 de maio, na celebración do Concerto e Exposición Tecendo Emocións, por Fátima Zahra, alumna de 5º de primaria.




Para os grupos participantes de primaria, teremos un premio: a asistencia a unha actuación de Maxia a cargo de Victor Pollán, profesor, xenio... Con el riremos, aprenderemos e asombrarémonos...

Foi capaz de adiviñar números, resultados de sumas e ata a posición dun número nunha táboa... Un auténtico mago!!! Un mago que actuou en dúas sesións, unha para os nenos de 1º e 2º e outra para os nenos de 3º a 6º de primaria.



Durante asesión de MateMaxia




Exposición "Tecendo Emocións" de Educación Responsable.

Ese tipi que nos acompaña na entrada e que dá cabida a toda a vida dos indios neste Entre Letras, nace da nosa participación en ReflejArte. Arredor del aparecen todas as demais liñas de traballo deste Entre Letras. Entraches a ler nel xa?



Unha de Indios Musical:

Música india e cancións de indios.

Xa comezamos as audicións de música india. Unha música preto do chillout, relaxante e que nos aproxima á natureza.
O alumnado, na clase de música, está a ensaiar pezas musicais relacionadas... 

Músicas compartidas: "O Sol Brila Alto" entre Becerreá e a Illa Terceira (Azores)

Dentro do proxecto europeo "A Luz Digital" que se está desenvolvendo na aula de PT, o alumnado compartirá unha canción relacionada coa Lenda dos indios Haida, e ensaiarán e actuarán na celebración do Día de Europa. Ver a nova no blogue do proxecto eTwinning.

O Concerto: O Coro das Emocións.



MIRA AQUÍ COMO SE CELEBROU O CONCERTO E A PRESENTACIÓN DA NOSA EXPOSICIÓN


Unha de Indios Gastronómica:
Menú Indio.

O día 5 de maio é o elixido para degustar o menú indio, que incluirá unha sobremesa elaborada coa colaboración de alumnos de 5º e 6º.





Mira que rico!
















miércoles, 22 de abril de 2015

ABRIL: Semana do Libro e os Dereitos de Autor

Desde o día 20 ao 24 deste mes estamos de celebración no cole porque o 23 é o Día do Libro e dos Dereitos de Autor. Por iso temos as seguintes actividades, organizadas desde o Entre Letras, coa colaboración do ENDL.




MARTES 21: Reinauguración da Biblioteca, coa actuación de Carlos Coira. Podes ver a nova neste enlace do EntreLetras.



XOVES 23: Celebración do Día do Libro. Con diferentes actividades de aula e biblioteca.  





MARTES 28: Francisco Narla visitará o noso cole para falarnos sobre a arte de escribir historias e sobre a importancia do respecto aos dereitos de autor. Francisco é autor de novelas de recoñecido prestixio, como Assur ou Ronin  que chegaron a ser Best Seller mundial ou a relanzada, en breve, Caja Negra. En un futuro próximo presentará a súa nova obra Donde aúllan las colinas. Con el iniciaremos, en BiblioLío a nosa sección de literatura para adultos, pensada para as familias. Pediremos a súa colaboración para o noso próximo obradoiro de escrita creativa, que terá lugar no mes de maio. Podes ver aquí todas as imaxes.

Este é o vídeo resumo da súa sesión.





Participación das familias, pois Ler en Familia é unha actividade saudable e divertida. A nosa proposta é colaborar na iniciativa do Observatorio da Lectura e o Libro, #leeresparami. En que consiste?

Trátase de contarnos "Que é para vós ler?". Podedes escribir un pequeno texto, unha imaxe ou calquera idea que se vos ocurra (ilustración, collage, poesía...).



Esta é unha ficha modelo, que se pode utilizar, pero podedes enviarnos a vosa resposta escrita sen ser nela. 
A participación foi un éxito, tal que publicamos todas as achegas das familias e participamos co Observatorio. Podedes ver, neste enlace ao EntreLetras, todas as fichas.


Contamos convosco!

Pequeno Libro Sentado, o noso indio, tamén lanza outra iniciativa de lectura... " Libros libres"... As persoas que desexen participar, terán que deixar un libro da súa propiedade en algún lugar da escola... Poderán ler outro dos libros libres e descubrir que compartir tamén é algo que podemos facer lendo... A lectura une, nos comunica... E nós quermos facer do cole unha gran Biblioteca Libre. Cada "libro libre" leva unha guía interior que describe a súa viaxe polos lectores que pasa... Dalgún xeito, os "libros libres" son libros que falan... Non cres que é unha idea fantástica para seguir lendo?


A importancia desta celebración lévanos a relacionala coa Semana da Prensa, que celebraremos na próxima semana. Podes ver aquí toda a información.

Mira neste enlace como naceu esta nova.

domingo, 19 de abril de 2015

ABRIL: Inauguración da Biblioteca


BiblioLío! Ese é o nome que ten o noso espazo de lectura e investigación, que inicia unha nova andaina como Biblioteca do PLAMBE.



O martes 21 de abril, co gallo da Semana do Libro que celebra o Día Internacional do Libro Infantil e o Día do Libro e os Dereitos de Autor, contaremos coa presencia de Carlos Coira, libreiro, mago e actor. Padriño da nosa BiblioLío. A súa presenza será un regalo de re-apertura para todos os nenos e profesores do centro.

viernes, 17 de abril de 2015

ABRIL: Programa do Entre Letras "Unha de Indios"

O obxectivo fundamental do Entre Letras é que aprendamos. Ao longo destas semanas moitas actividades estarán organizadas en torno á Cultura Amerindia. Podes ir aprendendo sobre ela resolvendo esta WebQuest.


O programa de desenvolvemento será:


Unha de Indios Literaria:

"O corvo rouba a luz", lenda dos Indios Haida: Adaptación dun guión para un vídeo coa técnica Stop Motion.

Discurso do Gran Xefe Indio Seattle (1885) ao Home Branco .

Estes vídeos formarán parte da nosa celebración do Día Internacional da Nai Terra (24/05/2015).

Exposición de Libros de Lectura sobre Amerindios.


Unha de Indios Artística:

Concurso de deseño de traxes de amerindios. Estas son as bases:


Tamén celebraremos o Día Internacional de Internet xunto co Día Internacional dos Museos, visitando virtualmente Museos Indios.

Aprenderemos a facer Atrapa Soños indios e elaboraremos co alumnado varios para o Mercado Solidario do Concerto e Exposición de Educación Responsable: Tecendo e Cantando Emocións.

Unha de Indios Musical:


Durante todo o Entre Letras, o alumnado analizará músicas e cancións relativas. Para alén diso, na entrada/saída e leceres, escoitaremos músicas amerindias.

Unha de Indios Gastronómica:

O noso comedor escolar celebrará o Menú Indio o xoves 14 de maio.


Mira aquí como se desenvolve este Entre Letras.




miércoles, 8 de abril de 2015

ABRIL: A Festa das Emocións

Hai unhas semanas o CRA Ponte da Pedra, en Carballo, convidounos a festexar con eles o Día das Emocións. (Podes ver aquí toda a información)

Agora queremos facer un esforzo de imaxinación e inventar unha festa... A Festa das Emocións. Para iso, pedimos aos nenos de Becerreá e de Carballo que conviden unha emoción e digan de que modo estaría presente nesa festa. Se non se che ocorre ningunha emoción aquí tes unha grande listaxe delas.

Cando xa teñamos pensada a emoción e escollamos unha foto ou vídeo que a identifique, teremos que entrar neste Padlet "Festa das Emocións" e deixar escrito como sería. Ao final teremos unha "festa virtual" que inventamos entre todos...

Contamos coa colaboración dos dous centros!!! Queres vir á festa??