jueves, 23 de abril de 2015

ABRIL: Desenvolvemento de "Unha de Indios"

Unha de Indios Literaria:

"O Corvo que rouba a luz", lenda dos Indios Haida.



Bruno Pena Calvo organizou e desenvolveu un obradoiro de StopMotion para os alumnos de 5º e 6º. Preparamos todo o necesario para o decorado, adaptamos a lenda a un guión interpretable con esta técnica e fotografiamos todas as escenas. 

A estrea da curta gravada será na celebración do Día da Nai Terra.

Mira aquí as fotos deste día.



Para completar o coñecemento sobre a Luz, o alumnado de 5º e 6º terá unha sesión con José Vázquez, científico loco, técnico serio... O alumnado, para asistir, deberá finalizar esta historia...  Para aprender sobre a luz, Pepe creou unha serie de situacións que nos fixeron descubrir a luz negra, os infrarroxos, os ultravioleta e ata un láser verde a chocar nun chorro de auga...
Aquí podedes ver todas as fotos do día e este é o vídeo resumo da sesión:





Exposición de libros sobre amerindios.

Cada Entre Letras ten a súa colección de libros e, desde BiblioLío, organizouse esta, que veu recordarnos canto sabemos dos indios americanos desde as películas de vaqueiros vistas... Recorda que podes curiosear, ler e pasalo en grande con todos eses libros mentres dure a exposición e, despois, levalos en préstamo a casa!

O Gran Xefe Seattle falou co home branco, nun discurso que non podemos deixar de coñecer pola moita sabedoría que contén e sobre os bos consellos que seguimos precisando para un respecto do contorno e un uso sustentable do mesmo. Por iso, incluímolo nesta exposición e tamén formará parte da celebración do Día da Nai Terra.

Os alumnos de 6º, en Educación para a Cidadanía, afondaron máis neste Discurso. Eles transformaron o pequeno libro "Nosotros somos una parte de la Tierra" nun diálogo entre o Gran Xefe e o Presidente americano Franklin. Podes ver toda a información nesta entrada.

Unha de Indios Artística:

Concurso de Deseño de Traxes de Indio e MateMaxia.




Porque deseñar é un arte e un xeito de expresar. Esta vez convertémosvos en deseñadores. 

Estas son as bases do concurso. Podes entregar o teu bosquexo antes do día 29, día da actuación de MateMaxia. A partir do día 29, procederemos a votar para coñecer o traxe gañador.
Estes son os resultados do concurso, preto de 40 deseños de alumnos de todos os niveis:

O modelo gañador é este.

Con el, Inés Regueiro, modista e profesora de Corte e Confección da vila, explicará como se pasa dun deseño a un vestido mediante a creación dun patrón. A sesión, o día 5 de maio, deixou estas imaxes do proceso, e con ela aprendimos como tomar as medidas a unha persoa, como facer un patrón a partir dun deseño, como pasar o patrón á tea e como cortar, hilvanar e probar un traxe, además dun montón de vocabulario!



O vestido resultante será presentado no día 11 de maio, na celebración do Concerto e Exposición Tecendo Emocións, por Fátima Zahra, alumna de 5º de primaria.




Para os grupos participantes de primaria, teremos un premio: a asistencia a unha actuación de Maxia a cargo de Victor Pollán, profesor, xenio... Con el riremos, aprenderemos e asombrarémonos...

Foi capaz de adiviñar números, resultados de sumas e ata a posición dun número nunha táboa... Un auténtico mago!!! Un mago que actuou en dúas sesións, unha para os nenos de 1º e 2º e outra para os nenos de 3º a 6º de primaria.



Durante asesión de MateMaxia




Exposición "Tecendo Emocións" de Educación Responsable.

Ese tipi que nos acompaña na entrada e que dá cabida a toda a vida dos indios neste Entre Letras, nace da nosa participación en ReflejArte. Arredor del aparecen todas as demais liñas de traballo deste Entre Letras. Entraches a ler nel xa?



Unha de Indios Musical:

Música india e cancións de indios.

Xa comezamos as audicións de música india. Unha música preto do chillout, relaxante e que nos aproxima á natureza.
O alumnado, na clase de música, está a ensaiar pezas musicais relacionadas... 

Músicas compartidas: "O Sol Brila Alto" entre Becerreá e a Illa Terceira (Azores)

Dentro do proxecto europeo "A Luz Digital" que se está desenvolvendo na aula de PT, o alumnado compartirá unha canción relacionada coa Lenda dos indios Haida, e ensaiarán e actuarán na celebración do Día de Europa. Ver a nova no blogue do proxecto eTwinning.

O Concerto: O Coro das Emocións.



MIRA AQUÍ COMO SE CELEBROU O CONCERTO E A PRESENTACIÓN DA NOSA EXPOSICIÓN


Unha de Indios Gastronómica:
Menú Indio.

O día 5 de maio é o elixido para degustar o menú indio, que incluirá unha sobremesa elaborada coa colaboración de alumnos de 5º e 6º.





Mira que rico!
















No hay comentarios:

Publicar un comentario