miércoles, 27 de mayo de 2015

MAIO: Mmm... que rico!


Comezamos un novo tema no EntreLetras, será o "Mmm... que rico!". Trataremos  o tema "cociñamos e comemos", como en todos os EntreLetras, desde catro perspectivas:

Mmm... Que rico! Literario

Traballaremos a receita de cociña como tipo textual, e elaboraremos o receitario das nosas comidas preferidas, coa participación das familias, para o noso comedor escolar e, coa axuda da nosa compañeira Toñi, veremos da posibilidade de as incluír nos nosos menús. Ide pensando en cal será a receita que enviaredes...

Como todos os anteriores, este EntreLetras vén cunha exposición de novidades literarias, libros que se exporán na entrada escolar para o disfrute de todos.

Mmm... Que rico! Gastronómico

Na última semana de cole teremos menús especiais, "que ricos!", elixidos entre os que compoñen o noso receitario particular elaborado neste próximo mes.

Non podemos esquecer que estamos a punto de celebrar o Día da Nutrición, para o que teremos a visita de alguén moi relacionado coa nosa saúde... e que nos contará o importante que é a alimentación para esta.

Mmm... Que rico! Musical

Xa iniciamos a recompilación de cancións que teñen que ver coa comida... Cantas coñeces? A fame que  dan!





Mmm... Que rico! Artístico




Para esteEntreLetras o noso traballo en arte estará centrado en dous aspectos:

A reciclaxe artística: a decoración do Mmm... Que rico! é unha cociña feita a partir da reciclaxe de cartóns, papeis e plásticos, pois na cociña hai moito que reutilizar e reciclar.

video



Tamén reutilizaremos materiais para elaborar produtos artesáns para vender no Mercado Solidario.



Non podemos esquecer o "bicherío" de reciclado que está ocupando o noso xardín... Fuches velo?



O segundo aspecto, a nivel artístico, é a elaboración de stopmotions con comidas que realizarán os alumnos de quinto e sexto.

martes, 26 de mayo de 2015

MAIO: obradoiro de fotografía

Dentro do Plan Proxecta estamos elaborando unha Guía Multisensorial de Becerreá. Para iso é preciso ter coñecementos de fotografía: encadre, luz, zoom, filtros, macro... Moitos son os termos técnicos que hoxe puidemos aprender con Sabela, nai de Alejandra, de E.I., coa que camiñamos ata a igrexa do Santo en Saa.








Durante o obradoiro, aparte de comprender o funcionamento das cámaras Reflex e as compactas, aprendimos a facer fotografías de edificios, persoas e a natureza.

Compartimos convosco algúns dos momentos do día nestes tres vídeos.




Aprendendo con Sabela.





Disfrutando da saída.


O contorno visitado.


Aquí podes acceder a todas as imaxes do día.


viernes, 15 de mayo de 2015

MAIO - LEE PRIMARIA.DESPOIS DA LECTURA - EXPOSICIÓN DO "HOMIÑO DE PAPEL"




O día 11 de maio, os nenos de 2º fixeron unha sesión de formación entre iguais na que explicaron todo o seu traballo aos nenos de 1º e aos nenos de Educación Infantil. Neste vídeo podedes ver toda a sesión, que finalizou coa entrega de pequenos homiños de papel a todos os asistentes, feitos polos nenos de 2º.

Neste vídeo podedes ver o "homiño de papel" feito con boas noticias dos xornais.







ACCEDE AQUÍ E AQUÍ ÁS ACTIVIDADES DE DURANTE A LECTURA DO "HOMIÑO DE PAPEL"


Podes acceder a todas as fotos AQUÍ e AQUÍ

jueves, 14 de mayo de 2015

MAIO: Obradoiro de escritura creativa

Con motivo do Día das Letras Galegas todos os nosos alumnos serán escritores por un día. O venres 15 para os nenos de primaria e o 18 para os de infantil, crearanse cinco obradoiros paralelos polos que os nenos terán que ir pasando. Se conseguen os obxectivos dos obradoiros, obterán un punto na cartilla e cada cartilla completa terá, como obsequio, 15 minutos extra de patio para o grupo que a teña.

Os obradoiros organizados son:






1. OS CUBOS DE PACO

Francisco Narla deixou en BiblioLío uns dados para crear historias. Cada grupo, dirixido por Pablo Ulloa e Miguel , escribirá un conto con eles.






2. POEMAS FANTÁSTICOS

Algunha vez escribistes un poema fantástico con recortes de xornal? Pois Ainhoa e Damián conseguirán que todos os grupos que pasen por este obradoiro consigan facer un.








3. ADIVIÑAS

Mira as adiviñas e acerta, como mínimo cinco. Pablo Pardo e Martín levarán este obradoiro, unha especie de relax entre tanta escirtura creativa...



4. FILGUEIRA VALVERDE

Con este texto ao que lle faltan palabras aprenderás cousas sobre o autor homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde. Fátima e Lucía serán as encargadas de dirixir esta aprendizaxe.










martes, 12 de mayo de 2015

MAIO- Celebrando emocións coas familias!!!




O día 11 foi o elixido para co partir coas familias os resultados do noso traballo en Educación Responsable: ReflejArte e o Coro das Emocións.

Este é o vídeo dos mellores momentos.


A tarde incluíu as seguintes actuacións:



O CORO DAS EMOCIÓNS. 


Os alumnos de 5 anos e os de primaria deleitáronnos cun concerto coral de catro cancións. Este vídeo recolle os mellores momentos do mesmo.


VER AQUÍ TODO O CONCERTO














OS INDIOS, SEGUNDO OS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Todos sabemos que os nenos de 3, 4 e 5 anos saben moitísimas cousas sobre os indios, por iso, eles foron os encargados de ilustrarnos e fixemos este vídeo coas súas intervencións.




UNHA HISTORIA DE INDIOS EN STOPMOTION


No ano da Luz descubrimos que os indios Haida teñen unha fermosa lenda, O Corvo que rouba a luz, que os nenos de quinto e sexto adaptaron a guión cinematográfico para facer un StopMotion coa axuda de Bruno, o noso mellor realizador!!! (Mira aquí esta actividade).

Este é o noso vídeo.






                                                                           

PASE DE MODELOS. O TRAXE GAÑADOR NO CONCURSO DE DESEÑO DE TRAXE INDIO.

Fátima, de quinto, foi a alumna que desfilou co traxe confeccionado coa axuda de Inés Regueiro, a partir do deseño de Laura de Educación Infantil. 







EXPOSICIÓN E MERCADO SOLIDARIO.

O alumnado presentou ás familias o proceso a través do cal chegamos ao Tipi das Emocións. (Mira aquí toda a información).







Á saída, as familias puideron adquirir produtos artesáns realizados polos alumnos, no Mercado Solidario.



lunes, 11 de mayo de 2015

MAIO. Francisco Narla, de novo



Durante esta mañá, Francisco Narla, convocaba a todos os seus lectores nun evento na rede social Facebook para responder as súas preguntas en relación coa reedición da súa novela Caja Negra.


Despois da súa visita, a admiración que despertou no noso alumnado, Francisco Narla é parte dos nosos intereses e, por tanto, somos seguidores seus.


Ese é o motivo para que o nosos nenos de sexto, despois de reflexionar sobre a nova, redactasen unha pregunta.

A experiencia foi moi interesante, especialmente por volver a contactar con Paco, pero tamén porque tivemos, por primeira vez, a ocasión de participar nun evento en rede.

Aquí vos deixamos algunha imaxe do día e colocaremos a resposta que recibamos!!!!


sábado, 9 de mayo de 2015

MAIO: Semana das Letras Galegas



A Semana das Letras Galegas celebrarase desde o 12 ata o 20 de maio. As actividades programadas son:






ARTES DE GALICIA: Obradoiro de palillos. A nosa compañeira Toñi Díaz será a encargada de levar a cabo un obradoiro e demostración do traballo de encaixe con palillos.

Este é o vídeo da sesión:





OLIMPIADA MATEMÁTICA: Os alumnos participaron nunha divertida Olimpiada, en Educación Física, con probas e xogos tradicionais. Fixo falta utilizar as matemáticas para o reconto de puntos... Podes ver imaxes do momento neste vídeo:





CONCERTO DE FAMILIA. Aproveitando a celebración do Día da Familia, pais e alumnos do centro tocarán varias pezas de música tradicional galega. Pablo Pintor, de novo, será o xefe de ceremonias dun concerto de música tradicional no cole no que intervirán músicos moi importantes para nós: Marco e Natalia de cuarto e os pais de Marco e Martín. Ao tamboril, a inestimable colaboración de Carlos. As danzas quedaron a cargo de Jimena, Haydee, Estela, Gemma, Clara, Laura... 

Podes ver neste vídeo os momentos estelares do concerto:






OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA: Para celebrar a Semana das Letras Galegas, nada mellor que escribir. Por iso, haberá sesións de formación entre iguais en forma de obradoiros diferentes de escritura creativa. Serán os seguintes:

-poemas fantásticos a partir dos xornais.
-historias creadas cos "Dados de Paco"
-adiviñas, para descansar de tanto escribir
-o texto incompleto da vida de Filgueira Valverde

(mira aquí o desenvolvemento dos obradoiros de escrita creativa)

lunes, 4 de mayo de 2015

MAIO: Día de Europa

O día 5 de maio celebraremos o Día de Europa, xunto cos nosos compañeiros de Proxecto Europeo eTwinning.

Este proxecto, chamado "A luz digital" leva desenvolvéndose desde decembro na aula de PT, coa colaboración puntual do alumnado de 6º.

Para o Día de Europa, a nosa proposta de actividades é a que segue:

13.00 Inicio da Videoconferencia entre os alumnos do proxecto eTwinning

Actuación dos nenos da EBI Fco. Ornelas de Câmara, Ilha Terceira: "O Sol Brila Alto"
Saúdo Galicia - Azores
Saúdo dos Equipos Directivos
Presentación dos grupos por parte de alumnos galegos e portugueses
Presentación dos vídeos feitos para o día: Resumo do Proxecto e versión galega da canción de apertura "O Sol Brila Alto"
Peche e convite para participar na colocación de Bandeiras de eTwinning en puntos estratéxicos do centro.


13.15 Visionado dos vídeos "Resumo do Proxecto" e "O Sol Brila Alto"




13.25 Saída ao patio para colocar bandeiras, conmemorando o Día de Europa e o Décimo Aniversario de eTwinning.



14.00 Presentación do Cartaz coas Normas do Comedor elaborado polo alumnado do proxecto e de Educación para a Cidadanía.


domingo, 3 de mayo de 2015

MAIO. COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA RECOLLER AS FESTAS DO CONCELLO



É o momento de continuar con outra liña de traballo para a nosa Guía Multisensorial. Por iso, solicitamos a colaboración das familias para que nos axuden, a través dos seus fillos, a coñecer todas as festas e romerías que se celebran no ano, co obxecto de recollelas nunha liña do tempo en rede.

Moitas grazas pola vosa colaboración!