sábado, 9 de mayo de 2015

MAIO: Semana das Letras Galegas



A Semana das Letras Galegas celebrarase desde o 12 ata o 20 de maio. As actividades programadas son:






ARTES DE GALICIA: Obradoiro de palillos. A nosa compañeira Toñi Díaz será a encargada de levar a cabo un obradoiro e demostración do traballo de encaixe con palillos.

Este é o vídeo da sesión:





OLIMPIADA MATEMÁTICA: Os alumnos participaron nunha divertida Olimpiada, en Educación Física, con probas e xogos tradicionais. Fixo falta utilizar as matemáticas para o reconto de puntos... Podes ver imaxes do momento neste vídeo:





CONCERTO DE FAMILIA. Aproveitando a celebración do Día da Familia, pais e alumnos do centro tocarán varias pezas de música tradicional galega. Pablo Pintor, de novo, será o xefe de ceremonias dun concerto de música tradicional no cole no que intervirán músicos moi importantes para nós: Marco e Natalia de cuarto e os pais de Marco e Martín. Ao tamboril, a inestimable colaboración de Carlos. As danzas quedaron a cargo de Jimena, Haydee, Estela, Gemma, Clara, Laura... 

Podes ver neste vídeo os momentos estelares do concerto:






OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA: Para celebrar a Semana das Letras Galegas, nada mellor que escribir. Por iso, haberá sesións de formación entre iguais en forma de obradoiros diferentes de escritura creativa. Serán os seguintes:

-poemas fantásticos a partir dos xornais.
-historias creadas cos "Dados de Paco"
-adiviñas, para descansar de tanto escribir
-o texto incompleto da vida de Filgueira Valverde

(mira aquí o desenvolvemento dos obradoiros de escrita creativa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario