viernes, 5 de junio de 2015

XUÑO: Día do Medio AMbiente, con Pío e Piélago


O venres 5 de xuño celebramos o Día do Medio Ambiente, para iso, contamos coa visita de Pío e Piélago, pais de Laura e de Iván e Andrea.



Na sesión explicáronnos as razóns fundamentais polas que debíamos cumprir a Regra dos Tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir, para axudar na conservación do Medio Ambiente, da que todos somos tan responsables.


Tamén puidemos disfrutar dunha presentación para coñecer a fauna máis frecuente dos nosos bosques, con imaxes, pegadas, vídeos e sons gravados na natureza libremente.




Foi un pracer poder contar con Piélago e Pío para este fin. Grazas por voltar para contarnos tantas cousas interesantes. Queremos que voltedes.






Neste vídeo aparecen algúns momentos do día.




 






No hay comentarios:

Publicar un comentario